A Deputación da Coruña difunde o curto 'Corazón amoratado' para loitar contra a violencia de xénero

Cun recordo especial á muller asasinada o luns en Chapela comezou este mércores a intervención da responsable de Igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, no acto de presentación da curtametraxe 'Corazón amoratado', gañadora do concurso de guións contra a violencia de xénero elaborado polo alumnado do IES Puga Ramón. A área de Igualdade da Deputación da Coruña difundirá a curtametraxe por centros de ensino e entidades.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2017 | Actualizada ás 21:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Cun recordo especial á muller asasinada o luns en Chapela comezou este mércores a intervención da responsable de Igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, no acto de presentación da curtametraxe 'Corazón amoratado', gañadora do concurso de guións contra a violencia de xénero elaborado polo alumnado do IES Puga Ramón. A área de Igualdade da Deputación da Coruña difundirá a curtametraxe por centros de ensino e entidades.

"Sen a implicación e o traballo incansable de todos e todas non poderemos conseguir eliminar a violencia machista. Sei que non é unha tarefa sinxela, pero tamén que mozos e mozas son unha peza imprescindible en construír un futuro en igualdade", dixo Franco durante a súa intervención.

Diante dun auditorio composto especialmente por mozos, a responsable da área de Igualdade da Deputación alertou do incremento dos casos de violencia entre a mocidade e fixo referencia ao recente estudo das universidades de Barcelona, Xirona e Rovira Virgili que recolle que o 62% das universitarias foron vítimas de violencia machista aínda que só o 9% denunciaron as agresións.

"Fai falta que as administracións actuemos de maneira coordinada e sen pausa impulsando accións dirixidas a concienciar á xente nova ante calquera situación de violencia machista, en particular dos micromachismos e violencias invisibles, que son o primeiro paso na escalada da violencia", subliñou Ánxela Franco.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta