Activistas de 7 países virán a Galicia para alertar do impacto das minas

Persoas que loitan contra proxectos mineiros en Australia, Nixeria, Finlancia, Filipinas, Sudáfrica, Colombia e Galicia serán os relatores do “III encontro sobre os impactos da minaría”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/02/2017 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Organizado polos ecoloxistas de Contraminación, a reunión terá lugar en Santiago o  4 de marzo no Centro Socio Cultural de Vite. Será precedida pola  veñen precedidos da celebración en Santiago de Compostela da reunión de coordinadores rexionais de todo o mundo do colectivo internacional Yes to Life No to Mining (YLNM).

Contra a mina de ouro en Corcoesto
Contra a mina de ouro en Corcoesto | Fonte: Bocixa Tingalaranga

Trátase dun tema de máxima actualidade no país. Malia que a macromina de ouro de Corcoesto foi paralizada polo de agora, existen problemáticas noutros lugares como Triacastela (debido a volta á actividade de Cementos Cosmos), Lousame (pola explotación da mina de San Fins) e na Terra Chá (onde seguen vixentes as concesións mineiras de Erimsa).

“As empresas mineiras continúan a recibir cuantiosas subvencións, ao tempo que se ignoran as mínimas esixencias ambientais e legais a esas mesmas empresas e se poñen todo tipo de trabas e dificultades ás empresas ambientais e aos afectados en xeral”, alertan os convocantes.

ContraMINAcción é un rede galega de colectivos críticos coas minas. Fórmana até 23 colectivos: Aenda, Agrupaçom de Montanha Augas Limpas, Asemblea pola Defensa do medio Rural, Asociación Ecoloxista Arco Iris, Asociación Treze Catorce, Asociación Véspera de Nada, Asociación Coluna Sanfins, Associação Socio-Cultural O Iríbio, Comisión de Asociacións en contra as minas na Terra Chá, Contraminate, grupo veciñal de Laxe, Espazo Agroecolóxico A Estruga, Federación Ecoloxista Galega, Petón do Lobo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, Ribeiras Miño, asociación naturalista de defensa ambiental, Salva la Selva, Santa Comba Viva, Sindicato Labrego Galego, Sos Courel, SOS Groba e Verdegaia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Algúns seguimos pensando que O Courel debera ser PROTEXIDO e repoboado con urxencia e non falo de especies autóctonas senon dos Refuxiados da Siria... https://es.slideshare.net/Narei/o-c...