“A tendencia agresiva é masculina, pero elas mostran máis violencia vinculada aos mitos románticos”

Un estudo por enquisa a 3.043 adolescentes de Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Illas Baleares e Canarias mostra que as mozas están a sumarse ás condutas de violencia de xénero e acoso, e que a mocidade cre que se exercen máis agresións por Internet que físicas. Ademais, conclúese que os adolescentes acostuman ter unha actitude pasiva ante estas condutas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O problema da violencia de xénero na mocidade e o estado de alarma que existe na sociedade ante os malos tratos e asasinatos machistas están a levar a moitos investigadores a buscar as orixes estas condutas e a tentar aportar ferramentas e coñecemento para atallar este problema. Co obxectivo de presentar un instrumento de medida sobre as violencias de xénero na Rede e de analizar as percepcións e experiencias dos adolescentes, así como as respostas ante tales violencias, realizouse un estudo por enquisa a 3.043 adolescentes de Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Illas Baleares e Canarias. Entre os resultados atopados destaca que "a tendencia á agresión é masculina, pero as mozas mostran máis condutas agresoras en violencias relacionadas cos mitos do amor romántico", conclúese no estudo, feito por Trinidad Donoso Vázquez, Maria Jose Rubio Hurtado e Ruth Vilà Baños, da Universitat de Barcelona.

Imaxe ilustrativa sobre o machismo e os abusos as mulleres estudantes
Imaxe ilustrativa sobre o machismo e os abusos as mulleres estudantes | Fonte: uvigo

"En xeral a tendencia á agresión é masculina. Exceptuando os ítems: «Insultar a unha moza por ter varias parellas, por ser provocativa, porque non se interesa polos mozos ou porque non tivo relación con mozos»", indican as investigadoras. Con todo, "nos ítems relacionados cos mitos do amor romántico as mozas mostran máis condutas agresoras", engaden as autoras do estudo.

AS MOZAS EMULAN A VIOLENCIA MASCULINA

As investigadoras consideran que estes comportamentos violentos entre as mozas vinculados aos mitos do amor romántico se pode explicar explicar "pola apropiación por parte destas dos comportamentos de control masculinos que historicamente se levaron a cabo contra as mulleres e que elas asumen como lóxicos nas dinámicas relacionais". Así, explican que "a deportación das mozas ao comportamento masculino expón grandes interrogantes á acción educativa", xa que "en lugar de estar elimándose o nivel de condutas violentas perpetradas polos mozos, as mozas están a sumarse a este tipo de condutas".

Por outro lado, nas experiencias como vítimas, os mozos son obxecto de condutas agresivas "cando se apartan do modelo masculino de referencia", mentres que as mozas "son máis vítimas en todas as demais dimensións". Ademais, elas "demostran un nivel máis elevado de consciencia á hora de identificar todas as situacións de violencias 2.0 que observan", explican as investigadoras.

PASIVIDADE ANTE A VIOLENCIA 2.0

O estudo, titulado 'La adolescencia ante la violencia de género 2.0: concepciones, conductas y experiencias', tamén conclúe que os adolescentes —sen diferenza de xénero— cren que hai máis violencia virtual, en Internet, que física.

Os adolescentes tamén perciben as condutas agresivas máis directas e evidentes ligadas á violencia sexual, pero en cambio "as condutas que menos se perciben como violentas son aquelas nas que a muller é tratada como obxecto sexual e, especialmente, non se perciben como violentas as condutas de control que se exercen sobre a parella a través das contornas virtuais", detalla o estudo.

As investigadoras tamén atoparon que "as respostas das e dos adolescentes son pasivas ante as violencias de xénero 2.0, aínda que as mozas superan aos mozos nas respostas activas fronte á violencia".

O estudo conclúe que é necesario realizar intervencións educativas para preparar aos adolescentes ante as violencias de xénero 2.0. Para isto, aconsellan que as intervencións deben estar orientadas a "deconstruír os mitos do amor romántico que sustentan falsas ideas sobre a confianza na parella", a "concienciar ás mozas sobre a súa maior vulnerabilidade nas redes sociais", a "explicar aos adolescentes os riscos de todas as redes sociais", e a "alentar aos mozos para denunciar as accións de violencia e implicar á familia e a escola nestes asuntos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 macho alfa pableiras

o colocar o a noiva de subxefa de podreiros (feminización da política) PODREIROS xa demostrou o que vale ...