A Xunta convoca 50 prazas para a formación de docentes

Están dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas aos ensinos de formación profesional, así como ás das artes plásticas e o deseño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a convocatoria anual de estancias formativas en empresas ou institucións para o ano 2017, destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Recibindo formación cunha cámara de televisión
Recibindo formación cunha cámara de televisión | Fonte: Afundacion

Segundo informou a Xunta, en total ofértanse 50 prazas dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas aos ensinos de formación profesional do sistema educativos, así como ás das artes plásticas e o deseño.

O prazo para presentación realizar a preinscrición termina o 6 de marzo. A información da convocatoria pode consultarse na ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/estadias-formativas-en-empresa.

O pasado ano 2016 participaron un total de 52 profesores, que desenvolveron unha estancia formativa, 15 correspondentes á modalidade A, 24 á modalidade B1 e 13 á modalidade B2.

A oferta estrutúrase en tres modalidades. Na primeira delas, que conta con 20 prazas, as estancias desenvolveranse nas empresas ou institucións que se relacionan na propia convocatoria. No caso da modalidade B1, con 20 prazas, as estancias realizaranse en empresas, situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, propostas pola persoa interesada; mentres que na modalidade B2 --10 prazas-- desenvolveranse en empresas tamén propostas polo docentes pero situadas no resto do Estado ou en países da Unión Europea.

Con carácter xeral, poderanse realizar os períodos formativos en empresas ou institucións desde o 17 de abril ata o 8 de setembro de 2017. A duración de cada estancia será como mínimo de 40 horas e como máximo de 160 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta