As ‘falas’ de orixe galega en Cáceres, a debate en Galicia

Presentaranse os dous últimos traballos de investigación do filólogo, investigador e profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Asociación Queremos Galego de Marín organizará este venres no Museo Manuel Torres da localidade unha conferencia sobre as 'falas' de orixe galega no Val do Ellas, en Cáceres, e sobre os xentilicios galegos.

Panorámica do Val do Xálima
Panorámica do Val do Xálima | Fonte: flickr Nicomedes(A.Durán)

A asociación aproveitará esta ocasión para presentar os dous últimos traballos de investigación do filólogo, investigador e profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas.

O primeiro dos libros, 'O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas', é o resultado de 20 anos de visitas do autor á zona para recoller material en forma de artigos para debullar, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona.

Ademais, tamén analiza a situación sociolingüística e a "urxente necesidade" de codificación destas 'falas' para as que propón unha solución "á galega".

O segundo dos libros, 'Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega', é un estudo no que o autor analiza como moitos medios de comunicación "invéntanse xentilicios" e como estes calan na sociedade ao non existir xentilicios derivados do topónimo no 90% dos lugares de Galicia.

O grupo de alumnas da Universiade de Vigo que estudia a Fala , o galego de Extremadura, sostendo a bandeira de San Martiño de Trebello acompañadas polo profesor Xosé Henrique Costas
O grupo de alumnas da Universiade de Vigo que estudia a Fala , o galego de Extremadura, sostendo a bandeira de San Martiño de Trebello acompañadas polo profesor Xosé Henrique Costas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta