Compostela Aberta rebate a La Voz e a El Correo directamente

Fotos da época do PP como se fosen da era de Martiño Noriega e incluso imaxes nas que o alcalde desaparece, como sucedía na URSS. Estes son dous dos exemplos de suposta manipulación informativa que a marea de Santiago denuncia no seu xornal, aplicando unha estratexia sen precedentes no país.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 24/02/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Compostela Aberta (CA) publica un gratuíto propio en papel, O Viso, dende o comezo de lexislatura. Este “xornal municipal de Compostela Aberta” busca contrarrestar os ataques editoriais que recibe o Goberno de Martiño Noriega dende os grandes medios e, asemade, facer propaganda das políticas da marea.

Martiño Noriega en rolda de prensa
Martiño Noriega en rolda de prensa | Fonte: santiagodecompostela.gal

Neste número de febreiro, O Viso  inclúe unha páxina enteira para desmentir varias informacións publicadas polos dous xornais en papel máis populares da capital, La Voz de Galicia e El Correo Gallego. 

Nesta sección “Contrainformación” explícase, por exemplo, que a foto que ilustrou a noticia da Voz “El Valedor do Pobo Reprocha a Raxoi pasividad ante los ruidos de los bares” era de 2014, cando gobernaba o PPdeG. Polo tanto, a pancarta da imaxe co slogan “Hartos de Ruído y Vandalismo, Señor Alcalde ¡Queremos Dormir!” ía dirixida contra Agustín Hernández e non contra Noriega; como se deducía erroneamente, dado que La Voz non puxo un pé de foto que informase que se trataba dunha mobilización da Plataforma Santiago Sen Ruído de hai dous anos.

De El Correo Gallego, CA di que “pasa ao seguinte nivel borrando a Martiño Noriega das fotos, sexa cal sexa o acto ao que acuda ao alcalde”. Como exemplo destas prácticas, frecuente durante o stalinismo, pon a entrega dos premios Spin 2016, no que o xornal recortou a foto de familia pola esquerda xusto no punto adecuado para que non saia o edil, malia que no encadre pola dereita sobra ‘aire’; é dicir, hai un pequeno espazo sen ninguén. 

Esta é unha estratexia de comunicación nova no panorama político-mediático galego. Até esta lexislatura, ningunha forza atrevérase a cuestionar directa e publicamente a credibilidade de determinados xornais. 

Foto da presentación do Spin2016 na edición impresa de El Correo e outra imaxe dese mesmo intre
Foto da presentación do Spin2016 na edición impresa de El Correo e outra imaxe dese mesmo intre | Fonte: oviso.gal

Certo é que o BNG ten cargado en varias ocasións especificamente contra La Voz, pero sempre de portas cara dentro, só nas súas comunicacións aos militantes para explicar os seus reveses electorais. Na capital do Estado hai algo parecido, pero a nivel institucional. O Goberno de Ahora Madrid lanzou unha sección na web pública, MadridVO, na que vai desmentindo as informacións que cree erróneas da prensa local, a miúdo dos conservadores La Razón e ABC.

MadridVO foi recibida con moitísima polémica nos medios, mentres que da sección “Contrainformación” d’O Viso está a suscitar menos controversia política.  “Contrainformación” está presente dende os primeiros números d’O Viso e daquela centrábase sobre todo en desmentidos a El Correo. 

Cómpre lembrar que CA e o xornal conservador manteñen un enfrontamento aberto dende o inicio da lexislatura. Unha dialéctica que culminou na denuncia do xornal conservador contra o alcalde nos xulgados. Noriega tivo que declarar como investigado ante a xuíza por esta denuncia. Malia isto, tanto o medio denunciante como a competencia e os partidos locais están pasando de puntillas sobre o asunto.

Imaxe dunha nova da Voz de 2016 e dunha entrada de 2014 do blog da Plataforma Santiago Sin Ruido
Imaxe dunha nova da Voz de 2016 e dunha entrada de 2014 do blog da Plataforma Santiago Sin Ruido | Fonte: oviso.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

10 Nefelibata

A ver que me perdin, entre outros motivos porque a redacción do texto é pésima. Imos ao caso: que comparades a Martiño con Trostky... E que semellara que o insinuarades. Mi ma, coma tedes a forza, sinerxia, converxencia sideral cara o mañá happy flower: unha kollontai e un trostky.... Faltavos Lenin e sentidiño... Sentidiño moito. Agardo que os composteláns recapaciten e lembren que as súas decisións nos afectan e moito ao resto dos galegos. E francamente, somos moitos os que votamos de menos, non xa ao mellor alcalde do Reino de Galicia (ese Reino cuxo só nome levanta bóxegas nos mareantes) Xerardo Estevez, senón a Bugallo. A ver se queridos composteláns pensades un pouco á hora de votar, porque xa vedes as consecuencias. Isto é un culebrón ante cuxa visión unha non sabe se rir ou chorar... Vergonya, cavallers, vergonya.

9 FRPU

Correo, Voz e Sermos, a prensa mafiosa de Pp, PsoE e BnG contra as mareas.

1 Balnearios de Tone

Pois o xuíz dixo que era xusta asi que a calar http://www.europapress.es/galicia/n...

2 FRPU

Calar? Iso é o que vos gustaría aos nazi-trolls identitarios do BnG. Pero vai se que non, Hoteis de Lores.

8 Nada nuevo bajo el sol

La Voz y El Correo son los periódicos del PPy Praza Pública el de Compostela Aberta

1 Diraloti

Asi é como vos gusta actuar aos corruptos, expandindo sospeitas, intentando facer crer que todos son iguais de corruptos coma vós. Pero non vale só acusar, tés q demostralo langrán. Onde estàn esas noticias falsas-manipuladas de Praza Pública?

2 P6kD

Praza publica non publicou nin unha linha da imputacion do tenente de alcalde p.ex. queres mais?

7 chas

el correo. la voz, el faro...morralla pepeira e antigalega

6 Forapperos

Como se nota que os corruPPtos perderon o concello de Santiago e agora intentano recuperar a base de noticias falsas de la Coz e de Correos por la pasta, incluidos os seus trolls, que lles fode esta noticia, en Galicia confidencial.