Avalancha de prazas de bolseiros na Xunta

A constante convocatoria de prazas de bolseiro na Xunta de Galicia desata as críticas da CIG-Administración. O sindicato máis importante na administración autonómica dá varios exemplos destas precarias ofertas. E aínda hai máis casos cos que sinala a central nacionalista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/02/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

O DOG do 17 de febreiro recollía a convocatoria de catro bolsas na Dirección Xeral de Comercio e Consumo. O sindicato critica tanto a recorrente convocatoria de bolsas como o seu elevado número en proporción ao cadro de persoal fixo. “Son as 4 bolsas que convocan todos os anos para suplir a falta de persoal propio nunha unidade administrativa que actualmente conta con 14 traballadoras e traballadores. Un pouquechiño desproporcionado de máis a ratio de bolseir@ para o cadro de persoal e que indica unha necesidade estrutural de persoal desta dirección xeral”, argumenta. .

José María Barreiro Díaz, director xeral da Función Pública e presidente en funcións do PP na Coruña
José María Barreiro Díaz, director xeral da Función Pública e presidente en funcións do PP na Coruña

O 21 de febreiro a EGAP publicaba no DOG a convocatoria dunha bolsa en "estudos relacionados co dereito administrativo". A CIG denuncia que “xunto con esta bolsa a EGAP soe sacar outras moi variopintas ao longo de todo o ano, como a da ‘área da ciencia económica no sector público’, a bolsa de formación na ‘área de documentación e biblioteconomía’ ou a de ‘competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación’ “. Cómpre lembrar que a selección de bolseiros, malia estar regulada publicamente, é máis discrecional que, por exemplo, uns exames para fucionarios.

No DOG do 23 de febreiro o Instituto Galego de consumo convoca 2 bolsas: unha para traballar na Escola Galega de Consumo e outra no Consello Galego de Consumidores e Usuarios. Ademais dos casos previos, sinalados polo sindicato,  a Xunta convoca periodicamente bolsas para lectorados de galego en universidades. Son polo menos outra ducia de bolseiros máis na nómina da Administración.

A CIG tíralle das orellas á Xunta e alerta de dúas cousas. A máis evidente, a súa precariedade. O segundo, tamén sabido con todos. De querelo os mandos políticos, estas bolsas poden converterse nunha vía para enchufar pola porta de atrás a persoas afíns. “A clave do abuso é que a formación non é tal e o que hai é traballo que se aproveita, creando o caldo de cultivo ideal para denuncias por subcontratación ilegal” argumenta a central que conclúe o seu comunicado dicnido que “non hai porque recurrir ao traballo en negro legalizado das "bolsas de formación",  hai contratos de prácticas ou formación e, tratándose de Administración públicas, se hai necesidades estruturais, a crear os postos”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta