Ingresa en prisión o 'estafador das webs de citas' para asegurar a súa presenza no xuízo en Pontevedra

O coñecido como 'estafador das webs de citas', que acumulaba máis de 60 vítimas ao longo de 20 anos, foi enviado a prisión para asegurar a súa presenza no xuízo fixado para o 28 de marzo, tras ser detido na tarde do mércores en Cidade Real.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 14:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O coñecido como 'estafador das webs de citas', que acumulaba máis de 60 vítimas ao longo de 20 anos, foi enviado a prisión para asegurar a súa presenza no xuízo fixado para o 28 de marzo, tras ser detido na tarde do mércores en Cidade Real.

Así o decretou o Xulgado do Penal Número 1 de Pontevedra no que compareceu tras ser posto a disposición xudicial na mañá deste venres. Deste xeito, o xulgado pretende asegurar a súa presenza no xuízo sinalado para o 28 de marzo ás 12,30 horas.

O coñecido como 'estafador das webs de citas' foi detido na tarde deste pasado mércores pola Policía Nacional en Alcázar de San Juan (Cidade Real).

O individuo foi posto a disposición xudicial en virtude dunha reclamación xudicial procedente de Xulgado do Penal número 1, que ademais tiña emitida unha orde internacional de procura.

Fontes xudiciais precisaron igualmente que a orde de detención desde Galicia xorde por mor de que non asistise a un xuízo por estafa a un local de hostalaría onde estivo aloxado un tempo sen abonar a factura, tras o que foi declarado en rebeldía.

MODUS OPERANDI

Segundo transcendeu, Rodrigo Nogueira podería estar residindo no municipio ciudadrealeño desde hai algunhas semanas, e levaba catro meses á fuga. A detención foi posible grazas a un veciño alcazareño, que informou á Policía Nacional.

De feito, 'El Confidencial' publicou que o seu 'modus operandi' podería consistir en buscar mulleres a través de webs de citas, ás que despois seducía e comezaba unha relación sentimental con elas, que lle levaba a irse a vivir xuntos. Nese momento, pedíalles diñeiro e desaparecía sen deixar rastro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta