A Xunta convoca 36 novos permisos de explotación para marisqueo a pé en Pontevedra, Raxó e Lourizán

A Consellería do Mar convocou 36 novos permisos de explotación para marisqueo a pé nas confrarías de pescadores de Pontevedra, Raxó e Lourizán.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 17:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar convocou 36 novos permisos de explotación para marisqueo a pé nas confrarías de pescadores de Pontevedra, Raxó e Lourizán.

Segundo informou a Xunta, deles, 19 son para a confraría de Lourizán, 15 para a de Pontevedra e dúas para a de Raxó. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira.

Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da consellería. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da consellería.

As solicitudes e a documentación acreditativa deberanse presentarán preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas.

Unha vez concluído o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas, segundo recolle a Resolución do 12 de novembro de 2013.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta