O pleno da Deputación de Pontevedra aproba unha modificación de crédito de 14 millóns de euros

O goberno provincial bipartito --formado por PSOE e BNG-- que preside a Deputación de Pontevedra aprobou no pleno celebrado este venres unha modificación no orzamento de case 14 millóns.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 17:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O goberno provincial bipartito --formado por PSOE e BNG-- que preside a Deputación de Pontevedra aprobou no pleno celebrado este venres unha modificación no orzamento de case 14 millóns.

Este trámite, que segundo a presidenta provincial, Carmela Silva, é "normal" a estas alturas do exercicio, chega dous meses despois da aprobación das contas provinciais, motivo polo que o Partido Popular aproveitou para criticar a "improvisación" do goberno.

A portavoz do PP, Nidia Arévalo, asegurou que este trámite demostra que o orzamento de 2017 estaba "baleiro de contido" e que a súa falta concreción deixaba entrever que "non había un proxecto". Pero o peor de todo, segundo sosteñen os populares, é que PSOE e BNG recorren á libre disposición de fondos "pola porta de atrás".

A xestión económica do goberno provincial monopolizou o debate no pleno entre goberno e oposición entre continuas comparacións entre a xestión do actual executivo e a do anterior, presidido polo popular Rafael Louzán.

O deputado socialista Carlos López Font destacou que o 90 por cento do diñeiro da modificación de crédito destinarase aos concellos da provincia, principalmente para obras en estradas e os convenios cos municipios de Pontevedra e Vigo, mentres que o resto servirá para financiar obras no Museo Provincial e nos castelos, axudas a deportistas, bolsas de estudos, o plan Smart Peme ou diferentes actividades.

A este respecto, Nidia Arévalo manifestou que "o tempo" lles "da a razón", xa que os populares acusaron o goberno de Carmela Silva de recorrer á libre disposición para repartir estes fondos, ao apuntar que non se coñecen as "regras de xogo" ou os criterios que rexerán a distribución destas axudas.

"Non lle podemos votar a favor porque non estaremos de acordo nunca coa libre disposición", advertiu Arévalo, especialmente cando o goberno bipartito, segundo engadiu, existe "pola porta de atrás" e sen ser "claros".

Fronte a iso López Font lembrou que Louzán dispuxo de 70 millóns de libre disposición como presidente que se entregaban, segundo dixo, baixo un modelo de "sectarismo político", investindo só nos concellos nos que gobernaban. O deputado socialista negou que exista "nin un só euro" de libre disposición e acusou ao PP de "mentir e terxiversar".

"Vostedes son os campións da manipulación e nós os campións da transparencia", destacou o responsable económico do goberno.

TEMPORAIS

O pleno tamén abordou dúas mocións sobre vos daños causados polos últimos temporais na provincia. A iniciativa presentada polo PSOE, que foi apoiada por BNG e Marea, insta á Xunta a asumir as súas responsabilidades e aprobar axudas aos concellos.

A outra foi impulsada unicamente polo PP para esixir da Deputación de Pontevedra un protocolo de actuación ante este tipo de adversos meteorolóxicos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta