CC.OO. pide unha OPE "excepcional" para consolidar o "emprego irregular" que existe no Sergas

A Federación de Sanidade de CC.OO. en Galicia criticou que os profesionais da saúde "sexan utilizados como moeda de cambio" do PP para lograr o apoio do PSOE aos orzamentos estatais, á vez que reclamou unha OPE "excepcional" que permita "consolidar o emprego irregular que existe no Sergas".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 17:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Federación de Sanidade de CC.OO. en Galicia criticou que os profesionais da saúde "sexan utilizados como moeda de cambio" do PP para lograr o apoio do PSOE aos orzamentos estatais, á vez que reclamou unha OPE "excepcional" que permita "consolidar o emprego irregular que existe no Sergas".

Nun comunicado, o sindicato cualificou de "impresentable" que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "condicione" a convocatoria dunha oferta pública de emprego a que os socialistas apoien no Congreso dos Deputados a proposta do Executivo de Rajoy.

CC.OO. lembrou que o propio conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, avanzou que este ano se convocaría unha OPE de máis de 800 prazas, que "se podería duplicar no caso de desaparecer a taxa de reposición".

Nesta situación, o sindicato "defende a consolidación das prazas irregulares, que actualmente aparecen baixo a figura de servizos determinados ou acumulación de tarefas", polo que instou a convocar unha OPE "excepcional" para elas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta