A Presidencia da Deputación de Ourense suma ao seu parque móbil un Audi A6 por 59.900 euros

A Deputación de Ourense publicou un decreto no que informa da adquisición para o parque móbil da Presidencia da institución provincial, que dirixe Manuel Baltar, dun novo vehículo tipo berlina (un Audi A6) por 59.900 euros (IVE, matriculación e demais tributos incluídos).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 18:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense publicou un decreto no que informa da adquisición para o parque móbil da Presidencia da institución provincial, que dirixe Manuel Baltar, dun novo vehículo tipo berlina (un Audi A6) por 59.900 euros (IVE, matriculación e demais tributos incluídos).

Ao procedemento negociado sen publicidade para a contratación da subministración deste vehículo presentáronse dúas empresas, ambas as pertencentes ao mesmo grupo: Báltico Automoción Pérez Rumbao S.A. (Balpersa) e Automóbiles Pérez Rumbao, S.A. (Apersa).

A primeira presentou como opción un Volvo S90 D5, que supuña 1.000 euros máis e que foi descartada. O vehículo da oferta seleccionada, a mellor en clave económica, é un Audi A6 Sline 3.0TDI Quattro de 272 cabalos.

A institución provincial dotarase así dun novo vehículo Audi, marca que cobrou protagonismo, precisamente, como cabalo de batalla na primeira campaña do xefe de filas de Baltar, Alberto Núñez Feijóo, quen prometeu e poxou unha vez entrou en San Caetano vehículos desta marca adquiridos por anteriores Gobernos.

Feijóo criticara con especial dureza a adquisición, por parte do Goberno de Emilio Pérez Touriño, dun Audi de máis de 400.000 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta