PPdeG critica a "irresponsabilidade" de alcaldes do PSdeG por "non" colaborar na loita contra a praga da pataca

O deputado do Grupo Parlamentario Popular Daniel Veiga criticou este venres a "irresponsabilidade" dalgúns alcaldes socialistas da Mariña lucense por "non" colaborar na loita contra a praga da pataca.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 19:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O deputado do Grupo Parlamentario Popular Daniel Veiga criticou este venres a "irresponsabilidade" dalgúns alcaldes socialistas da Mariña lucense por "non" colaborar na loita contra a praga da pataca.

"Pídolles que non xeren confusión e colaboren na adopción de solucións porque só desde a unidade de acción e pondo en marcha as medidas marcadas polos técnicos será posible frear a expansión deste insecto", manifestou.

O parlamentario popular pronunciouse deste xeito despois de que o mércores o alcalde de Valodouro, Edmundo Maseda, asegurase que o consistorio que dirixe "non vai facer ningunha prohibición aos agricultores sobre o cultivo da pataca" ao considerar que se trata de "un asunto de sanidade vexetal" cuxa responsabilidade competencial recae na Xunta.

Daniel Veiga considerou que o alcalde de Valadouro ou a alcaldesa de Traballa "terían que aprender do alcalde de Burela, tamén compañeiro socialista, que facía un chamamento á colaboración e prudencia".

As medidas de control para frear a expansión da polilla guatemalteca son "claras, públicas e notorias" polo que "non ten porque haber dúbida algunha respecto diso", sinalou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta