PP censura as axudas á concesionaria do Mar de Vigo, que está "en concurso de acredores e acabará en liquidación"

O alcalde acusa aos populares de "enganar" e sostén que a beneficiaria da axuda "non está en ningún concurso de nada"

VIGO | 24/02/2017 | Actualizada ás 20:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O concelleiro do Partido Popular de Vigo Miguel Fidalgo, criticou este venres que Goberno olívico aprobase unha nova subvención de 500.000 euros para a concesionaria do Auditorio Mar de Vigo, "unha empresa en concurso de acredores que acabará en liquidación, e un contrato que vai acabar no xulgado".

No entanto, o alcalde, Abel Caballero, ao ser cuestionado por estas denuncias, mantivo que quen recibe a axuda para ámbito cultural "non está en ningún concurso de nada" e acusou ao PP de "enganar". "O PP non se decata, estou a dicir que non é certo, non saben do que falan", asegurou aos xornalistas.

En concreto, o edil popular criticou que, ademais desta nova subvención, o Goberno "ten máis de 21 millóns de euros comprometidos coa concesionaria: "Cinco millóns en 2012; 1,2 millóns posteriores para equipamento; un contrato a 20 anos de 13 millóns coa UNED; e estes 500.000 euros anuais que se achegan desde fai catro exercicios para programación cultural".

"3.300 EUROS AO DÍA"

Así as cousas, Fidalgo remarcou que o auditorio custa "3.300 euros ao día" aos vigueses, do que "Caballero é o único responsable tras modificar o contrato adxudicado en 2008, reducilo á metade e levalo a un canellón sen saída cun plan de negocio que non ía ser viable coa metade do espazo expositivo".

Neste marco, augurou que a situación "acabará como as autoestradas que circundan Madrid: Van devolver ao concello esta concesión"; polo que instou ao rexedor a "coller o touro polos cornos" e abordar a situación cos accionistas en lugar de "seguir inxectando diñeiro con cargo ao peto de todos os vigueses".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

PP & PSOE ámbolos dous inxectaron millóns as empresas PRIVADAS O SEU NEGOCIO consiste en sentar nas Institucións para SAQUEAR os cartos da XENTE! https://flic.kr/p/fkLLxj