Sanidade convoca aos sectores implicados a adoptar unha posición conxunta para evitar o consumo de alcol por menores

A sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago, acolleu este venres unha reunión convocada pola Consellería de Sanidade para tentar alcanzar un consenso co obxectivo de adoptar unha "posición conxunta" para evitar o consumo de alcol por parte dos menores de idade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 20:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago, acolleu este venres unha reunión convocada pola Consellería de Sanidade para tentar alcanzar un consenso co obxectivo de adoptar unha "posición conxunta" para evitar o consumo de alcol por parte dos menores de idade.

A esta reunión convocouse ao sector produtor de bebidas con alcol, ao sector da distribución, aos responsables de corpos e forzas de seguridade, ás Anpas, ás sociedades científicas, á Fiscalía, aos publicistas, aos representantes dos xornalistas, así como á Universidade de Santiago. Tamén participaron representantes doutros departamentos da Xunta, como a Consellería de Presidencia, a de Cultura, e a de Política Social.

A intención da Consellería de Sanidade é seguir avanzando cara ao desenvolvemento de medidas co obxecto de evitar que se ofreza alcol aos menores de idade; así como fomentar estratexias para evitar a demanda de alcol por parte deste colectivo, incluíndo intervencións orientadas a impedir que comecen a consumir alcol ou deixen de facelo.

Tamén se pretende con esta reunión o fomentar medidas educativas, de lecer sen alcol e de control dos menores de idade, especialmente do acceso aos denominados 'botellóns'.

Outras medidas recollidas nun documento basee son desenvolver acordos para a regulación ou restrición da publicidade de bebidas alcohólicas que inciten ao seu consumo por menores de idade; e pactar e propor melloras para facer máis efectiva a lei de prevención do consumo de alcol por parte de menores.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta