GC Aberto

Xaque á inmundicia

Un partido como o PP, que mantén nos seus cargos a sinistros protagonistas da corrupción, permitíndolles satisfacer ilícitos proveitos; por tal proceder, debese ser excluído da actividade política sen miramentos.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 26/02/2017

Comparte esta noticia

Pablo Crespo e Correa no xuízo da Gürtel
Pablo Crespo e Correa no xuízo da Gürtel | Fonte: ep

Como inaudita  é de tachar  a actitude dispensada en sede  parlamentaria  polo  Presidente do Goberno  á pregunta  sobre corrupción cursada durante a sesión de control ao Goberno polo secretario xeral de Podemos, na que  instaba   pasar das palabras aos feitos para facer fronte a esta secuela, tendo en conta que mais  que  recibir unha contestación  acorde,  foi despachado polo xefe do Executivo cun alarde de desvergoña, cando nun  intento de esquivar a súa propia complicidade na infesta, non dubidou en apuntar cara ao “radicalismo político” do partido morado como impedimento de rexeneración.

 

Para  conformar xuízo de valor  sobre tan insidiosa aseveración, cabe lembrar que fai xusto oito anos cando o caso Gürtel acababa de arrincar, Rajoy,  por aquel entón xefe da oposición, elixindo o contraataque como defensa, non dubidou en saír á palestra  e denunciar sen reparo a existencia dunha conspiración da fiscalía contra a súa organización, afirmando  a través dun disparate que aquilo  "non era unha trama do PP, senón  unha trama contra o PP".

 

Representación  de  victimismo que a xulgar do devir  das probas procesuais, non só non se sostivo, senón que veu demostrar  que o seu autor mentía mais que falaba, sendo mais  grave se cadra, que aínda agora e a pesar da nitidez do  expresivo retrato da corrupción do seu Partido, argüindo falta de "concreción", a súa organización insista  en pedir  a nulidade do actuado,   ou no seu caso ser excluido do xuízo. 

 

É por iso que  ante tal nivel de anacronismo non caiba  outorgarlle ao máximo mandatario dos populares autoridade algunha no seu afán de exercente ilustrativo, porque a corrupción  se combate procedendo con feitos e actitudes responsables, que nunca exercendo de encubridor político nin  actuando  como dirixente  dun partido corroido pola perversión,  nin moito menos  con estrañas formas de “colaborar coa xustiza”, que como ocorreu na rúa Génova, para a consecución  de probas, o xuíz, houbo de chegar ao extremo de ordenar o rexistro da sede central utilizando a modalidade imperativa  requirimento xudicial.

 

Non sendo de recibo xa que logo,  que o mandamáis dos conservadores tome á lixeira   a situación e  teña a ousadía  de cualificar o  grave problema da corrupción como unha “anécdota”, aínda sabendo que o seu, é o primeiro partido imputado na democracia, e que por tanto, mais alá do resultado  que lle  deparasen  as urnas, o mero feito de tal imputación, convértelle nun referente político  totalmente desacreditado e de nula  fiabilidade para reaccionar en emenda, unha situación que pola súa complexidade desautorízalle   de plano no seu intento  de abandeirar a loita contra a corrupción, pois a súa condición de responsable «a título lucrativo» pon de manifesto que o seu partido obtivo beneficiosdas  a través  de malas artes, extremo este que en consecuencia debe limitar a súa   intervención nesa  materia.

 

A corrupción hase de combater esencialmente con medidas lexislativas, xudiciais e penais, cuxa eficacia  resultará cuestionable cando a través dalgún carreiro legal os autores das perfidias, non só quedan impunes, senón que se lle facilita o aliciente de non  devolver o indebidamente apropiado, sendo por iso que en tanto  a xudicatura e os órganos de supervisión do Estado non se desvinculen da inaceptable intromisión  política nas súas funcións,  procedendo acorde ás pautas  de rigor e uniformidade que a situación require, non só será imposible erradicar a corrupción senón que a continuidade do dominio político   seguirá a propiciar a súa proliferación.

 

Para ese efecto,  é  de precisar  que  o  Partido Popular pola  súa dobre condición de autor  e promotor da corrupción,  a mesma,  é parte intrínseca das súas  propias entrañas e da súa forma de gobernar , un sinal de identidade  que por nociva failles incapaces de afrontar con solvencia a súa superación   e a rexeneración   democrática que demanda a complexa  situación política do país, unha limitación á que engadindo   a figura dun  Rajoy  sempre  presente  acentúa aínda mais  a dificultade  ao conducirnos a un canellón sen saída e  situarnos  en posición   de "emerxencia  democrática"

 

É por iso que ante o espectáculo de precariedade dun  Executivo acurralado no Congreso polo inadecuado proceder dos seus propios actos, a total perda de credibilidade  do  seu Presidente, sumado á decadente situación socio económica  e o  ascendente nivel de alarma social como consecuencia de actitudes indebidas,  coa  corrupción como común denominador, o paso correcto debe estar dirixido a emendar a deficiente  situación co desafío  posto  en afianzar  o Estado de Dereito  como pedra angular  de rexeneración da vida pública.

 

 

Un labor que debe ser afrontado por xente  integra,  que nunca, por quen  institucionalizou a corrupción  coas súas sospeitosas prácticas políticas, sobrando dicir  por tanto, que non é Rajoy nin os membros da súa cuadrilla  os apropiados para facer fronte  ao cambio que a situación require,  por non ser  de recibo  que os que teñen  no seu haber  o historial mais arrevesado da corrupción eríxanse agora en redentores, máxime cando estamos a falar dos mesmos que se negan a recoñecer as súas  propias impudicias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta