Arxentina e Galicia, máis exportación que emigración

Feijóo e Macri apostan por estreitar os lazos económicos entre os dous países. Tamén falan da situación do hospital do Centro Gallego de Bos Aires, sobre o que pesa unha importante débeda, pero sen chegar a ningún compromiso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2017 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de Arxentina, Mauricio Macri, reunironse este sábado en Santiago para falar de economía e de emigración. E os dous apostaron por aproveitar a nova etapa de modernización iniciada no país austral para fortalecer as relacións entre Arxentina e Galicia, algo que, segundo apuntaron, abrirá novas posibilidades económicas a ambos os dous lados do Atlántico.

Feijóo e Macri nunha xuntanza en Santiago de Compostela
Feijóo e Macri nunha xuntanza en Santiago de Compostela | Fonte: xunta.gal

Durante unha audiencia mantida co presidente arxentino, que estes días realiza a súa primeira visita de Estado a España, ambos os mandatarios avaliaron a nova folla de ruta iniciada polo país, centrada na modernización, na economía produtiva e no impulso dos investimentos, dentro dun marco que favoreza a seguridade e a estabilidade.

Sobre este punto, o responsable do Executivo autonómico garantiu a disposición de Galicia para axudar a Arxentina neste camiño e incidiu nas posibilidades económicas que se abren para os empresarios galegos e tamén para os empresarios arxentinos que queiran entrar en Europa a través de Galicia.

Feijóo e Mauricio Macri lembraron que a economía arxentina está baseada principalmente nos servizos e valoraron as oportunidades de comercio e investimentos en sectores prioritarios para o país como a agroindustria, a biotecnoloxía, as enerxías renovables ou o ámbito das prestacións sociais e sanitarias.

En 2016, Arxentina ocupou o posto 26 no ranking de exportacións galegas, aumentando significativamente o número de empresas galegas exportadoras, que pasou de 173 en 2015 a 214 en 2016.

CENTRO GALEGO

No encontro, o titular da Xunta tamén abordou con Macri a situación pola que atravesa o Centro Gallego de Buenos Aires e a súa viabilidade, especialmente no campo hospitalario.

Tras subliñar que a Xunta "está ao corrente no pago da débeda que atopou", agradeceu a Macri que o Goberno arxentino se faga cargo deste hospital. Na mesma liña, Feijóo expresou o interese de Galicia por preservar o uso social e cultural do centro, así como o seu valor patrimonial e agradeceu a "sensibilidade" do presidente arxentino neste sentido.

Núñez Feijóo quixo destacar novamente os lazos que unen a Galicia e a Arxentina a través da emigración, posto que actualmente son máis de 170.000 os galegos que residen naquel país.

Con este encontro, Alberto Núñez Feijóo e Mauricio Macri deron continuidade á reunión mantida o pasado mes de abril, durante a visita institucional do presidente da Xunta a Arxentina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 VIVA SAN MARTIN

e despois as ratas dos mandriles pepeiras falando na contra de que Catalunya poda ter un.ha política exterior propia para defender os seus cidadans e os seus intereses culturais e económicos... todos sabemos da inutilidade das embaixadas expañolentas, todos sabemos dos inútiles e parasitarios da bicholandia, que pululan en todo o ministerio de exteriorizados de expañol-, muito enchufado como o wert vivindo nun exilio dorado despois de arrasar co sistema educativo, danlle premio e 10 mil euros o mes para vivir coa sua noiva en parís...