Galicia promociónase como destino turístico en Navarra e Dinamarca

Galicia promociónase como destino turístico este fin de semana en dous certames carácter xenérico que se desenvolven en Pamplona (Navarra) e na cidade danesa de Herning.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2017 | Actualizada ás 17:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Galicia promociónase como destino turístico este fin de semana en dous certames carácter xenérico que se desenvolven en Pamplona (Navarra) e na cidade danesa de Herning.

Así, Turismo de Galicia promoverá o destino en Navartur, un certame que se desenvolve ata o domingo na capital navarra, dedicado tanto a profesionais como ao público xeral.

Por afluencia de público, informou a Xunta, esta feira é a principal cita turística de Navarra e, ademais da área de exposición, conta con distintas actividades divulgativas relacionadas co turismo.

Nesta ocasión, o departamento da Xunta participa cunha caseta que difunde a oferta turística galega e o Camiño de Santiago, un dos produtos máis demandados nesta feira ao ser esta unha comunidade de paso da Ruta Xacobea.

DINAMARCA

Por outra banda, Turismo de Galicia está presente tamén este fin de semana no certame Ferie for Alle, o certame turístico con maior repercusión de Dinamarca.

Esta é a súa XIX edición e está dedicada ao sector turístico xeral, con especial fincapé na natureza e a cultura. Turismo de Galicia participa nesta feira por segundo ano consecutivo co obxectivo de reforzar a presenza da comunidade neste mercado.

O pasado ano, o mercado danés proporcionou a Galicia uns 15.000 viaxeiros e preto de 21.000 pernoctacións aos establecementos hoteleiros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta