Rural.- A Xunta apoiou a 43 gandeiros lucenses con dificultades para facer fronte a débedas financeiras ou de provedores

Un total de 43 gandeiros lucenses resultaron beneficiarios da orde de axudas para os titulares de explotacións lácteas que estean a pasar por dificultades financeiras derivadas da súa actividade, un programa de subvencións creado especificamente para os produtores lácteos.

LUGO | 25/02/2017 | Actualizada ás 18:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 43 gandeiros lucenses resultaron beneficiarios da orde de axudas para os titulares de explotacións lácteas que estean a pasar por dificultades financeiras derivadas da súa actividade, un programa de subvencións creado especificamente para os produtores lácteos.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que as axudas concedidas na provincia de Lugo suman 356.230 euros e están orientadas a facer fronte ás débedas financeiras ou de provedores acreditadas polos beneficiarios.

A Consellería do Medio Rural habilitou un programa con 3 millóns de euros de orzamento para estas achegas, que pretenden dotar de liquidez aos gandeiros. Finalmente, só foi preciso facilitar 1.747.519 euros, que beneficiaron a 205 gandeiros en toda Galicia. As axudas oscilan entre 200 e 15.000 euros, para abonar facturas ou préstamos impagados.

Balseiro subliñou ou que a Xunta segue traballando para garantir o futuro das explotacións e contribuír así ao desenvolvemento do campo, incidindo en que "o lácteo é un sector estratéxico para Lugo que, ademais de xerar un produto alimenticio de primeira calidade, desenvolve unha función social, xerando emprego e evitando o despoboamento do rural".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta