Estrella Galicia pon en valor o proceso de elaborar cervexa na súa nova campaña publicitaria

Estrearase o domingo en horario de máxima audiencia nas principais canles

A CORUÑA | 26/02/2017 | Actualizada ás 07:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Estrella Galicia apostou por pór en valor o proceso de elaboración da cervexa na súa nova campaña publicitaria, segundo informa a compañía Hijos de Rivera.

Nun comunicado, asegura que a lema 'Non queremos ser a cervexa que máis vende senón a que máis gusta', "supón toda unha declaración de principios por parte da cervexeira galega que presume de calidade de produto, o selo fundamental polo que os consumidores recoñecen a Estrella Galicia", engade.

Ademais, explica que o anuncio se desenvolve "nun ton de humor vándalo e rebelde no que o protagonismo recae sobre o Mestre Cervexeiro, unha figura que se converte nun líder celta guerreiro que prioriza sobre todas as cousas a defensa dos valores esenciais á hora de elaborar cervexa", explica.

"Ao seu lado coñecemos a Ramos, un bolseiro con escasa experiencia e exceso de iniciativa, que chega con ganas de facer propostas e cambiar a tradición cervexeira centenaria da empresa", engade.

A campaña, creada pola axencia M&C Saatchi, estréase o domingo día 26 en horario de máxima audiencia das principais canles nacionais e contará con pezas de 45, 30, 20 e 10 segundos. Tamén desenvolverá gráficas para prensa e medios en liña.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta