Unha muller resulta intoxicada en Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha muller tivo que ser trasladada a un centro hospitalario tras resultar intoxicada logo de que se producise un incendio na súa vivenda, situada en Vigo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2017 | Actualizada ás 13:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser trasladada a un centro hospitalario tras resultar intoxicada logo de que se producise un incendio na súa vivenda, situada en Vigo.

Segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o lume orixinouse ao redor das 20,00 horas do sábado no salón dun inmoble situado na parroquia de Saiáns.

O lume propagouse pola vivenda e afectou a unha neveira, un sofá, unha televisión e parte do mobiliario. Tras desprazarse ao lugar, Urxencias Médicas 061 trasladou á muller a un centro hospitalario cun cadro de intoxicación por inhalación de fume.

Os veciños do inmoble sufocaron as chamas antes da chegada dos bombeiros que, con todo, tiveron que actuar pola propagación do fume. Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Policía Local e membros de Protección Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta