Continúa a procura por terra e mar do home desaparecido desde o xoves en Ferrol tras saír a pescar

Á primeira hora da mañá deste domingo renováronse os labores de procura para localizar a un home de 68 anos desparecido desde o xoves en Ferrol, tras saír a pescar.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2017 | Actualizada ás 13:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Á primeira hora da mañá deste domingo renováronse os labores de procura para localizar a un home de 68 anos desparecido desde o xoves en Ferrol, tras saír a pescar.

Fontes de Salvamento Marítimo, que coordina os labores de procura, indicaron que non se produciron novidades e que continúa o operativo de localización, que se está realizando por terra e por mar e céntrase na contorna de Cabo Prioriño e nas proximidades do porto exterior.

Nel participan embarcacións por mar, helicópteros de rescate e efectivos de Protección Civil, Garda Civil e Bombeiros por terra.

A eles sumouse a Cruz Vermella, que realiza inspeccións cunha embarcación e unha moto de auga na zona de costa onde o home se atopaba pescando no momento da súa desaparición.

Na tarde do domingo, se as condicións meteorolóxicas o permiten, está previsto que membros do Instituto Armado realicen inmersións na zona.

Veciños do home, orixinario de Fene, deron a voz de alarma ao CAE-112 Galicia sobre as 12,40 horas do pasado venres, cando constataron que o home non regresara de pescar --unha actividade que fora realizar o xoves--. O seu vehículo e os útiles de pesca foron localizados en Cabo Prior.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta