Temas: MAR

Ondas de ata oito metros este luns na Coruña e Lugo

O mal tempo tamén se estenderá á costa de Pontevedra o luns pola noite.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2017 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alertou este domingo dun fenómeno meteorolóxico adverso na costa de nivel laranxa, que afectará desde as 14,00 horas deste luns ás franxas costeiras do noroeste e oeste da provincia da Coruña e a toda a costa da provincia de Lugo.

Grandes ondas provocadas polo temporal en Galicia
Grandes ondas provocadas polo temporal en Galicia

Deste xeito, tal e como indicou a Axega na súa páxina web, rexistrarase mar combinado do noroeste de cinco a sete metros, aumentando ao avanzar a tarde a sete ou oito metros na área de Ortegal-Bares e mar adentro.

Este fenómeno está previsto que se estenda tamén á franxa costeira do suroeste da Coruña e á costa de Pontevedra a partir das 21,00 horas deste luns, afectando desde ese momento a toda a costa de Galicia.

Temas: MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta