Temas: ACCIDENTE SOGAMA

Traballadora subcontrada en SOGAMA morre nun accidente laboral

A empresa pública abre unha investigación para esclarecer as causas do suceso, no que unha operaria faleceu tras ser atrapada por unha máquina.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/02/2017 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

Unha traballadora da planta de tratamento de residuos da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) faleceu este luns ao quedar atrapada nunha máquina, segundo informa o servizo de emerxencias 112.

Manifestación dos traballadores de SOGAMA
Manifestación dos traballadores de SOGAMA

Tras o ocorrido, a empresa abriu unha investigación para esclarecer as causas do suceso, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Sogama.

Ademais, precisaron que os feitos se produciron na zona da planta onde se recibe o lixo convencional. En concreto, tivo lugar na área dun tromel, o lugar onde se separan os residuos. A falecida era operaria dunha subcontrata de Sogama.

Segundo o 112 Galicia, sobre as 12,40 horas, persoal sanitario informaba a emerxencias do suceso. Ao lugar, trasladáronse efectivos dos Bombeiros de Ordes, ademais de Garda Civil e Protección Civil.

Con todo, os bombeiros non chegaron a intervir ao confirmar Urxencias Médicas que a persoa xa estaba liberada e que falecera.

Vertedoiro da Areosa, onde vai parar a maioría do lixo que entra en SOGAMA, en Cerceda
Vertedoiro da Areosa, onde vai parar a maioría do lixo que entra en SOGAMA, en Cerceda

Planta de Sogama en Cerceda
Planta de Sogama en Cerceda
Temas: ACCIDENTE SOGAMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta