Críticas ao borrador de Directrices da Paisaxe por permitir tendidos de alta tensión en espazos protexidos

A plataforma As Mariñas Sen Alta Tensión convida a presentar alegacións antes do día 2 de Marzo.

Por Galicia Confidencial | Betanzos | 28/02/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A plataforma As Mariñas Sen Alta Tensión denuncia que a futura lei de Directrices da Paisaxe permite a instalación de tendidos de alta tensión mesmo en espazos protexidos de especial interese ambiental, social e paisaxístico, vulnerando o Convenio Europeo da paisaxe.

Por iso, pon a disposición da veciñanza e dos colectivos das Mariñas coruñesas e de todo o país un modelo que facilita a presentación de alegacións ao borrador desta lei que está en período de alegacións. O prazo remata este xoves  2 de marzo.

A plataforma, que naceu a raíz do proxecto de Red Eléctrica Española (REE) de instalar unha subestación e o correspondente tendido entre Abegondo e A Coruña e que afecta á Reserva da Biosfera Mariñas coruñesas-Terras do Mandeo, lamenta a falta de interese respecto da ameaza mostrado desde o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) AS Mariñas-Betanzos sobre o que non ten noticias si presentou ou vai presentar alegacións ás Directrices.

A través das redes sociais dende hai unhas semanas a plataforma facilita a ligazón á páxina da Xunta onde se poden presentar de forma telemática as alegacións.

Estación eléctrica con liñas de alta tensión
Estación eléctrica con liñas de alta tensión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta