Temas: LEITE

Conflitos xudiciais entre as empresas lácteas

Lácteos Ortegal di que a empresa Euroserum Ibérica, multinacional láctea de orixe francesa, está sendo investigada por un xuíz por estafa. Esta asegura que a denunciada é a empresa galega.

Por E.P. | LUGO | 28/02/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O leite volve estar no centro da polémica agraria en Galicia con acusacións cruzadas entre empresas do sector e a xudicialización dos seus casos. Así, o director de Euroserum Ibérica (multinacional de orixe francesa situada en Monforte de Lemos), Joaquín Garrido, cualificou de "absolutamente falso" que cometese un suposto delito de estafa á empresa luguesa Lácteos Ortegal, tal e como di esta empresa galega.

Camión cisterna de transporte de leite
Camión cisterna de transporte de leite | Fonte: autoline.pe

A través dun comunicado aos medios, Euroserum Ibérica asegura non ter coñecemento de que o xulgado de instrución número un de Lugo a investigue por este suposto delito nin que o xuíz o citara como investigado tanto a el como a un comercial de Lácteos Ortegal, L.F.D., por un delito de estafa en todos os seus supostos.

Joaquín Garrido considerou que "é evidente que a parte querellada difundiu, co único ánimo de causar dano reputacional aos denunciados o contido da súa denuncia, antes mesmo de que estes tivesen coñecemento da mesma". Por este feito, avanzou que "exercitará as accións penais e civís correspondentes".

"En todo, sen coñecer o contido da querella, con total rotundidade néganse por total e absolutamente falsos os feitos", incidiu Garrido, que asegura que o que "si é certo que Euroserum Ibérica S.L.U. formulou unha denuncia en novembro de 2016 contra David L. e Láctos Ortegal, S.L. por un delito de estafa e subsidiariamente apropiación indebida", indicou.

Temas: LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta