Explota nun piso de Foz (Lugo) unha bombona de cámping gas por unha incorrecta manipulación, pero sen causar feridos

A explosión dunha bombona de cámping gas rexistrada na noite do pasado luns nun piso no municipio de Foz (Lugo) saldouse sen persoas feridas.

LUGO | 28/02/2017 | Actualizada ás 09:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A explosión dunha bombona de cámping gas rexistrada na noite do pasado luns nun piso no municipio de Foz (Lugo) saldouse sen persoas feridas.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, ao servizo de emerxencias indicóuselle que a deflagración foi provocada por "unha incorrecta manipulación da bombona".

Os feitos tiveron lugar nun piso da rúa Costa do Castro sobre as 21,00 horas do luns. Foi un veciño do edificio o que alertou ao servizo de emerxencias de que había un forte cheiro a gas.

Por iso, o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Barreiros e ao GES de Cervo. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta