Retiran un vehículo do paso a nivel da vía do tren no Porriño (Pontevedra) tras meterse por erro unha condutora

Un guindastre retirou a última hora da noite do luns un vehículo das vías do tren no paso a nivel do Porriño (Pontevedra) tras meterse por erro unha condutora.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2017 | Actualizada ás 10:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un guindastre retirou a última hora da noite do luns un vehículo das vías do tren no paso a nivel do Porriño (Pontevedra) tras meterse por erro unha condutora.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 23,30 horas do luns un particular pedía axuda ao servizo de emerxencias para retirar un vehículo na vía do tren.

O alertante indicou que a condutora estaba ben pero, por erro, meteuse na vía e non podía retirar o vehículo. Por iso, o 112 Galicia pasou aviso ao persoal do servizo de emerxencias de Adif, que asegurou que non había circulación férrea pendente nesa zona.

A Policía Local tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia. Sobre as 00,15 horas deste martes os axentes comunicaron ao CAE 112 Galicia que o vehículo for a retirado por un guindastre.

Ademais, sinalaron que se informou aos técnicos de Adif dos posibles daños nunha caixa de electricidade ocasionados ao retirar o turismo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta