30 anos da Casa das Crechas

A inauguración da exposición ‘Crechas en cómic’ abre un programa especial de actividades durante todo o mes de marzo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/02/2017 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Casa das Crechas abre este mércores, 1 de marzo, a programación especial do seu 30 aniversario. O espazo cultural foi aberto o 16 de marzo de 1987 nun local que xa fora dedicado á hostalería desde o século XIX cando se chamaba ‘Casa de las Crechas’ e protagonizaba algunha escena de ‘La Casa de la Troya’ de Pérez Lugín. 

Casa das Crechas
Casa das Crechas | Fonte: viajeaqui.abril.com.br.

Para celebralo, o programa comeza este mércores coa inauguración dunha exposición do cómic que conta a historia do local, debuxado por Gonzalo Vilas. E logo, foliada co grupo Do Fondo do Peto.

PROGRAMACIÓN DE MARZO

MÉRCORES 1, 22.30h 

Inauguración de ‘Crechas en cómic’ + Foliada con Do Fondo do Peto 

VENRES 3, 21.00h 8€

LA BANDA MORISCA

Un proxecto que nace da experimentación, innovación e investigación nas tradicións andaluzas. A recuperación do patrimonio tanto literario como musical da antiga Al-Andalus e da franxa mediterránea foi e é a peza crave na consolidación deste proxecto. Así mesmo a formación e a traxectoria dos seus compoñentes, JoseMari Cala, JuanMi Cabral, José Cabral, Antonio Torres e Andrés T. Rodríguez, foi determinante para conseguir a simbiose perfecta entre a experiencia individual e a colectiva. A súa ilusión, as súas ganas de seguir innovando e a súa creatividade compoñen unha identidade artística única no terreo da música folk e de raíz.

MÉRCORES 8, 15 e 22, 22.30h 1€

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

A do 15 será unha foliada especial 30 aniversario. 

XOVES 9, 21h 6€

ESPECTÁCULO “EN VOGA” de ÁUREAS 

En Voga é o concerto espectáculo co que o conxunto internacional Áureas se presenta. Enescena veremos unha charanga dos anos '20 formada por cinco mulleres de catronacionalidades diferentes. Na ficción, un grupo de mulleres emigrantes e libres coñécensenun trasatlántico e deciden formar un grupo musical.

En Voga é un espectáculo que arrecende a mar e abanea co vaivén dunha onda para traernos historias gardades en nostálxicos sobres de correspondencia. Unha coidada selección de pezas de autor e composicións dos anos '20 que inclúen ritmos brasileiros, polacos, arxentinos e galegos.

VENRES 10, 21h 6€

ALINE FRAZAO

Aline Frazão regresa a Santiago de Compostela para se presentar eN concerto a solo, voz e guitarras. Será uNHa noite de reencontros, onde a cantora e compositora angolana irá percorrer os seus tres discos, ben como outras cancións que reflicten o seu mapa afectivo, musical e poético. 

XOVES 16, 21h 10€ 

ANTÓNIO ZAMBUJO

O cantor portugués, hoxe xa unha estrela mundial, únese á festa das Crechas no día do seu 30 aniversario.

VENRES 17, 21h 5€

OS PORCOTEIXOS

Cuarteto de música tradicional que fai un percorrido polos sons do mundo celta formado por Paddy Duncan ao violín, Charles McAuley á guitarra, Migui Carballido ao bodhram e Roi Vázquez coas frautas e gaitas.

VENRES 17, 00.00h (de balde)

FOLIADA COS ESTALOTES

Os Estalotes levan 25 anos tocando na rúa de San Pedro de Compostela. O grupo xurdiu de compoñentes do Coro de Cantigas e Agarimos e no cal participaron numerosos músicos de Santiago e do resto da Galiza. As Estalotadas ábrense cos Estalotes, con cantigas e pezas tradicionais, e continúa con foliada aberta na que pode participar quen o desexe.

SÁBADO 18, 23h 

DJ SESSION CON MR. GUAVAJELLY

Este picadiscos extremeño propón unha viaxe partindo das raíces sonoras máis profundas do planeta para ir descubrindo paisaxes sonoras a través de territorios musicais como o reggae, o afrobeat, os sons árabes, lxitanos: desde a India, pasando por Iran, Turquía ou os Balcáns até chegar ao sur de España para acabar fundindo todos estes sibs étnicos co funk, o ska ou a electrónica na pista de baile.

MÉRCORES 21, 21h

CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS

No Día Internacional da Poesía, coa colaboración de Vide, Vide. Só con reserva previa: reservascrechas@gmail.com.

XOVES 23, 21h 6€

TATÁN CHAPEU

Tatán Chapeu é un proxecto musical de Tatán R. Cunha que arranca ai máis dun ano coa colaboración de Pablo Vidal e Uxia na creación musical e arranxos varios. Letras de Tatán e colaboracións letrísicas de Uxia e Magin Blanco nas cancións Chapeu e Veludo e algodón e Carlos Blanco en Mútua de decesos.   

Tatán Chapeu suma unha dúcia de cancións escritas para contar historias. Fotografías teatrais, o mundo que máis coñezo e co que camiño a miña vida. 

O CD conta nas gravacións con Isaac Palacin nas percusións, Alfredo Teixeira na guitarra portuguesa, Alberto Vilas no piano, Pablo Vidal no contrabaixo, piano e guitarras, Felipe Castro nos Saxos, Manu Paino no fliscorno e a trompeta e Sergio Tannus coa viola.

VENRES 24, 23h (de balde)

DJ PABLO SAX

Galicia territorio musical e viaxeiro que está no centro do planisferio terrestre; propoño unha ruta musicada en forma de espiral polas músicas do mundo, por terra, mar e aire, onde prime o sentimento, a capacidade de emocionar, e sobre todo bailar. A boa música é un medicamento que nos pode curar.

SÁBADO, 25 21h 10€ anticipada / 12 billeteira

LUIS PASTOR

O veterano cantautor español regresa á Casa das Crechas para festexar tamén o seu 30 aniversario. 

XOVES 30, 22h 5€

SUMRRÁ

O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, a Casa das Crechas. SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito en España. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man. 

Manuel Gutiérrez, piano
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
LAR Legido, batería

VENRES 31, 23h 

DJ Lord SASSAFRAS

Lord Sassafras, sonidos soleados de músicas do mundo. Con este pseudónimo leva Jordi Gayoso Borrell máis de 30 años traballando como músico e visitando escenarios tanto en España como en diferentes países europeos, africanos, asiáticos e americanos. Lord Sassafras define o seu estilo como Sono Mondiale, unha mestura de sons soleados de músicas do mundo con sons occidentais e global-folk.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta