O temporal deixa ondas de case 16 metros en Punta Langosteira (A Coruña) e máis de 10 metros en Estaca de Bares

As ondas alcanzaron os 15,8 metros de altura en Punta Langosteira (A Coruña) nas últimas horas con motivo do temporal, con aviso nivel laranxa, que afecta as costas galegas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2017 | Actualizada ás 13:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As ondas alcanzaron os 15,8 metros de altura en Punta Langosteira (A Coruña) nas últimas horas con motivo do temporal, con aviso nivel laranxa, que afecta as costas galegas.

En concreto, foi entre a 22,00 e as 23,00 horas do luns cando se alcanzaron case os 16 metros en abóiaa coa que conta Portos do Estado en Punta Langosteira. Ao longo da mañá deste martes a altura rozou os 13 metros.

Pola súa banda, a boia de Estaca de Bares, tamén na costa coruñesa, rexistrou ondas de máis de 10 metros entre as 8,00 e as 9,00 horas deste martes.

No tocante a cabo Vilán, na Costa da Morte, a ondada pasou dos 9 metros de altura na madrugada deste martes, segundo datos de Portos do Estado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta