Temas: ABANCA

Galicia creceu un 3,4% en 2016, segundo o indicador de Foro Económico e Abanca

Exportacións, facturación de servizos e industria e transporte aéreo, os que máis crecen, fronte a produción de automóbiles e importacións.

Por GC Emprende | A Coruña | 01/03/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca Foro de Conxuntura Económica mostra que a economía galega terminou o ano 2016 crecendo ao 3,4%, en relación ao peche da actividade económica galega no exercicio 2015.

Mentres, o crecemento intertrimestral (outubro-decembro) da actividade presenta un crecemento do 0,8% en relación ao trimestre anterior.

Os sectores que máis creceron en 2016 (con máis do 5% de crecemento anual) foron as exportacións de bens, a cifra de negocios do sector servizos, a da industria e o transporte aéreo de pasaxeiros.

No lado contrario, os únicos sectores con diminución da actividade en 2016 foron a produción de automóbiles e a importación de bens.

Foro Económico de Galicia destaca que o crecemento da actividade económica galega en 2016 é "o máis elevado das series anuais desde fai nove anos", aínda que a aceleración detectada en meses pasados "tocou teito en novembro", cando se alcanzou unha taxa interanual do 3,7%.

Indicador e Foro

O Indicador Abanca Foro de Conxuntura está elaborado polo Foro Económico de Galicia a partir da análise e cuantificación de 15 variables económicas que inclúen cifras de emprego, facturación empresarial, comercio internacional, actividade portuaria e industrial.

Os estudos están elaborados por un equipo de expertos do Foro Económico de Galicia, baixo a dirección dos profesores Fernando González Laxe, Xosé Francisco Armesto, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por máis de 50 profesores e investigadores do tres universidades galegas, empresarios e directivos e xornalistas especializados en divulgación económica.

Traballador do metal
Traballador do metal | Fonte: EP

Temas: ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta