Temas: CINEMA

A TVG repasa a historia do nacionalismo galego

Doble racción de historia do naconalismo este martes na canle pública galega. A tvG2 dedica este mércores o seu ciclo sobre autores e escritores galegos ilustres ás Irmandades da Fala, coa emisión de dous documentais “As Irmandades da Fala. 100 anos” e “Galicia 1918 – 1988. Cen anos de nacionalismo”.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 01/03/2017 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

Despois, ás 23.00 h. a canle pública emitirá “As Irmandades da Fala. 100 anos”, un documental feito en exclusiva polos medios públicos e que lle achegará aos espectadores todos os acontecementos que rodearon á creación desta organización, que destacou pola súa actividade literaria, política e cultural. Diferentes expertos contarán como o 18 de maio de 1916, unha reunión convocada na Coruña polo xornalista Antón Vilar Ponte, na sede da Real Academia Galega,  deu lugar ás “Hirmandades de Amigos da Fala”.

Unha das xuntazas das Irmandades da Fala
Unha das xuntazas das Irmandades da Fala | Fonte: intergalcome.uvigo.es

Tamén falarán de quen foron os seus primeiros membros, do que fixeron e do legado que deixaron ás letras galegas, amosando que este movemento, que en 2016 cumpría cen anos, foi moito máis ca unha asociación de amigos do idioma. Supuxo a recuperación cultural, cívica e política do país, xa que os seus membros querían regaleguizar Galicia e converter a lingua nunha forza transformadora.  

O documental recolle os testemuños do filólogo Xesús Alonso Montero, actual presidente da Real Academia Galega; do historiador Xosé Ramón Barreiro; a xornalista e profesora da Facultade de Xornalismo da USC, Margarita Ledo; do filólogo Henrique Monteagudo, ou de Xosé González, presidente da Fundación Peña Novo. 

A continuación, “Galicia 1918 – 1988. Cen anos de nacionalismo”, repasará a traxectoria do movemento político ao longo do século XX. 

Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta