A Coruña prepara a primeira consulta popular do país

O Concello da Coruña encargou a súa Asesoría Xurídica un plan para unha consulta cidadá sobre o futuro dos terreos do bordo litoral. O municipio está a negociar con Portos do Estado a compra de varios peiraos para evitar que, unha vez que caducan as concesións, continúen en mans privadas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/03/2017 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

En concreto, o Concello ofrece 1,4 millóns á Autoridade Portuaria polos terreos do Hotel Finisterre e da Solana. O Estado estaba decidido a continuar coa privatización para obter cartos cos que paliar a enorme débeda da Autoridade tras construír o Porto Exterior en Punta Langoseira. Con todo, a última hora  o Consello de Administración do Porto da Coruña aparazou de forma temporal a poxa dos terreos do hotel Finisterre e A Solana.

Hotel Finisterre e terreo deportivo no Porto da Coruña
Hotel Finisterre e terreo deportivo no Porto da Coruña | Fonte: Easyviajar

A nivel político, o Goberno da Marea Atlántica está a apoiar as mobilizacións de varios colectivos. O Salón de Plenos do Concello abreiuaw pE unha recepción cidadá na que as entidades da cidade que apoian á Comisión Aberta en Defensa do Común debateron precisamente sobre o futuro destes terreos. “O noso obxectivo, como sempre manifestamos, é acadar unha solución global para a fachada atlántica da cidade que garanta a súa titularidade pública, o que tamén pasa por establecer uns criterios de ordenación adecuados para estes terreos”, prometeu o acalde.

Xulio Ferreiro asegura que “o informe solicitado é clave para marcar os pasos que temos que seguir para poder levar a cabo esa consulta, que se enmarca dentro dun proceso participado coa cidadanía que vai máis alá do propio referendo, e que pasa, ademais, pola apertura dun verdadeiro foro de debate. A xente ten que poder decidir sobre o futuro da cidade, e sobre como é A Coruña que quere”, indicou o alcalde.

De concretarse, será primeira vez na recente Historia de Galicia que un municipio organiza unha consulta popular oficial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta