Temas: BREXIT

A Xunta busca unha posición común das rexións da cornixa atlántica ante o 'brexit'

Teme o impacto que a saía do Reino Unido da UE terá no sector da pesca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2017 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, impulsou a creación dun grupo de traballo específico sobre o impacto que terá o 'brexit' nas rexións da cornixa atlántica da Unión Europea.

Boris Johnson, ex-alcalde conservador de Londres e un dos políticos máis activos a prol do Brexit
Boris Johnson, ex-alcalde conservador de Londres e un dos políticos máis activos a prol do Brexit | Fonte: Youtube.

Esta proposta foi aprobada polo Arco Atlántico e Galicia coordinará o grupo de traballo, segundo destaca a Xunta a través dun comunicado de prensa. A asemblea xeral anual da comisión do Arco Atlántico reuniuse este xoves en Les Sabres d'Olonne, en Francia, para debater sobre as prioridades políticas das rexións atlánticas na UE.

Entre as preocupacións da Xunta atópase o impacto do 'brexit' na política pesqueira común, xa que, ata agora, as augas británicas eran accesibles aos pescadores da UE sen restricións. Ademais, o Reino Unido é un dos maiores estados marítimos da UE, polo que a súa saída "probablemente conduza a unha redución do orzamento da política pesqueira común", sinala a nota da Xunta.

Por iso, a comisión Arco Atlántico desexa que continúen os esforzos de cooperación no marco da aplicación da directiva de ordenación do espazo marítimo e do directiva marco sobre a estratexia mariña, e defende ademais unha política pesqueira común forte na futura UE-27. "Unhas negociacións transparentes con Reino Unido facilitarían unha maior capacidade de adaptación aos sectores económicos das rexións atlánticas", apunta a Xunta.

Temas: BREXIT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta