Temas: BETANZOS

Queren recuperar o primeiro gran parque enciclopédico de Europa; o Pasatempo de Betanzos

Unha viaxe a través do tempo e do mundo de finais do XIX. Iso é o que propón esta magnífica infraestrutura, única en Galicia, que se atopa en moi mal estado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos proporán á Xunta de Galicia a firma dun convenio tripartito para acometer as obras de rehabilitación do Pasatempo de Betanzos.

Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo, en Betanzos
Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo, en Betanzos | Fonte: Galipedia

Actualmente, esta infraestrutura –orixinalmente de nove hectáreas–, atópase en moi mal estado, a pesar de ser o primeiro gran parque de atraccións de Europa. Os últimos temporais provocaron, ademais, a caída dun dos muros de contención do parque.

O Parque do Pasatempo foi construído inicialmente en 1893 e rematado en 1914, a instancias do emigrante betanceiro na Arxentina Juan García Naveira. É o antecedente dos grandes parques temáticos e o primeiro deste estilo que se construíu en Europa. De feito, está realizado como un auténtico parque enciclopédico e figuraba nas guías de viaxe da súa época. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.

Temas: BETANZOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta