Economía autoriza un parque dun alto cargo de La Capital

Un dos socios de Hépotas S.L. é Juan Ramón Díaz; ex-director de La Voz de Galicia e actual vicepresidente de Editorial La Capital. Logrou o primeiro permiso para os muíños durante o Goberno Fraga, sen concurso e só meses despois de ser constituída o seu principal inversor.

Por Walter Burns | Muras | 16/12/2009 | Actualizada ás 08:49

Comparte esta noticia

O Goberno Galego autorizou a Hépotas S.L. a construción dun parque eólico en Muras (Lugo) no DOG do 28 de outubro. O vicepresidente desta empresa é Juan Ramón Díaz García, segundo o Rexistro Mercantil.

None

Este Rexistro tamén recolle que Díaz García é o actual vicepresidente de Editorial La Capital  (que publica El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Berganiños e Diario de Arousa) e que foi membro do Consello de Administración de La Voz de Galicia durante a súa pasada etapa como director deste diario.

A fiscalía investigou as eólicas daquel tempo porque se repartían a dedo

A Xunta do PP deulle a Hépotas a primeira concesión na primavera de 2003. Cómpre lembrar que daquela os parques repartíanse sen concurso público, comptencia que tentou introducir o bipartito e que permanece na nova Lei Eólica que o Parlamento aprobará este ano.

O reparto das eólicas a dedo nesta época a certos empresarios e familiares de políticos foi un dos motivos polo que a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza abriu unha investigación sobre este sector. Moitas das beneficiadas desta época foron compañías creadas meses antes das autorizacións e que logo especularon cos megawatios.

Creada meses antes de recibir a autorización do parque

FDV Inversión é o accionista de referencia de Hépotas. Segundo o Rexistro Mercantil, FDV foi creada un mes antes de que se publicase a Orde que permitiu as autorizacións, en xaneiro de 2004.

O administrador de FDV Inversión é Díaz García, xornalista que ocupou o posto de director de La Voz de Galicia dende 1977 até 1997 e que agora é un dos responsábeis da liña editorial do Grupo Editorial La Capital, que publica, entre outros, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa.

Directivos de La Voz e Xornal tamén teñen intereses no sector

Díaz García non é o único empresario dos medios de comunicación galegos con interese nos muíños de vento. O caso máis divulgado é o do Jacinto Rey, que financia Xornal de Galicia, e que foi o oitavo máis beneficiado no reparto do bipartito anulado por Alberto Nuñez Feixóo.

Este reparto foi suspendido cautelarmente pola Xustiza mentres resolve definitivamente un recurso interposto por Muíños de Ventos Galegos (MUVEGA). Un dos socios de MUVEGA é José María Castellano, tamén vicepresidente de La Voz de Galicia.

Esta noticia, adiantada por El País, non tivo a penas repercusión nos medios galegos; malia evidente importancia da liña editorial crítica de La Voz de Galicia co reparto eólico do bipartito, que deixou fóra a MUVEGA e incluíu a Rey.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Enfin

Creo recordar que estaba Feijoo con Fraga, haciendo los regalitos de los molinitos.

1 Carlitos

O monte galego non se vende, regálase aos empresarios amiguiños de turno. Regalouno Fraga, incluído ao seu masaxista e este Díaz García., regalouno Quin ao seu amigo empresario. Confío en que Feijóo non caia nas mesmas, até o de agora demostrou ser o único minimamente honesto.