O audiovisual galego cítase na festa dos Mestre Mateo

A gala proclama este sábado o mellor da produción audiovisual do país en 25 categorías e renderá homenaxe ao xénero dos musicais no cinema. O programa 'En Xogo', da TVG, recibe o premio especial 'José Sellier'. E premio de honra Fernando Rey á directora de arte Marta Villar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2017 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

A Gala dos Premios Mestre Mateo 2017 proclama este sábado, día 4 de marzo, o mellor da produción audiovisual galega do ano pasado en 25 categorías e renderá homenaxe ao xénero dos musicais no cinema.

Premios Mestre Mateo.
Premios Mestre Mateo.

O evento, que presentará no Palexco da Coruña Iolanda Muíños, contará coa dirección do actor Manolo Cortés e nela participarán as actrices da compañía A Panadaría cunha banda de músicos en directo dirixida por Ramón Orencio.

A gala comezará cun vídeoclip que converterá en musicais o catro películas nomeadas a mellor longametraxe para, a partir de aí e sempre en clave de comedia, ir enlazando a entrega dos diferentes premios con varios monólogos e tres números musicais. No transcurso da gala faráselle entrega do premio de honra Fernando Rey á directora de arte Marta Villar.

No encontro de nomeados fíxose a entrega do premio especial 'José Sellier', que a Academia Galega do Audiovisual concedeu este ano ao programa 'En xogo' da TVG.

Tras a entrega, o xornalista Alfonso Hermida dedicou o premio "aos pioneiros do xornalismo deportivo en Galicia" e aos "centos e centos de profesionais que nos seus 31 anos de historia pasaron por En Xogo".

Premio especial 'José Sellier', que a Academia Galega do Audiovisual concedeu ao programa 'En xogo' da TVG
Premio especial 'José Sellier', que a Academia Galega do Audiovisual concedeu ao programa 'En xogo' da TVG | Fonte: AGA.

Así mesmo, tivo un recordo especial para quen foi lingüista e colaborador do programa, Salvador Pérez Froiz, "polo traballo de documentación e divulgación que realizou dunha linguaxe entón practicamente descoñecido e que hoxe está asumido por todos os profesionais e espectadores dos programas deportivos en Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta