Galicia incorpórase á receita electrónica interoperable no Estado

Súmase a Canarias, Valencia, Estremadura e Navarra. Así, os galegos poderán recoller os seus medicamentos prescritos polo Sergas nestas autonomías.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/03/2017 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Os cidadáns galegos que se despracen a comunidades autónomas nas que a receita electrónica é interoperable (Canarias, Valencia, Estremadura e Navarra) poden xa recoller os medicamentos que lles prescribisen os médicos do Servizo Galego de Saúde só con presentar a súa tarxeta sanitaria.

Dispensando medicamentos nunha farmacia
Dispensando medicamentos nunha farmacia | Fonte: snarc.

Do mesmo xeito, a partir deste luns, dende as farmacias galegas poderán facer o mesmo coas súas tarxetas sanitarias os habitantes destas comunidades. Durante os próximos meses o servizo irase ampliando ao resto de España, a medida que se vaian incorporando o resto das autonomías á receita electrónica interoperable do Sistema Nacional de Salud.

O obxectivo deste proxecto, coordinado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, é que os pacientes poidan moverse por todo o territorio estatal e obter os seus medicamentos en calquera oficina de farmacia, independentemente da comunidade onde fosen receitados, e sen necesidade de preocuparse nas súas viaxes polas datas de dispensamento nas que teñen que retirar a medicación ou sen ter que acudir ao seu médico para que lles faga anticipos dos fármacos.

Galicia foi pioneira na implantación da receita electrónica e é a segunda comunidade con maior índice de prescrición electrónica de España, un 97,8%, o que supón máis de cinco millóns de receitas ao mes.

O proxecto de receita electrónica do Sistema Nacional de Salud desenvolveuse durante 2016 e comezou a súa fase de probas en setembro dese mesmo ano. Agora, o Ministerio vén de acreditar o correcto funcionamento do sistema que permite a Galicia interoperar co resto das comunidades que están xa a participar nel.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Nexus 6

Esta noticia más que alegría debería causar vergüenza. No es más que una de las consecuencias del ineficiente y dañino estado autonómico. Resulta que hay un tipo de recetas que es “operativa” y/o” válida” en según qué parte de España. Es lo que ocurre cuando las competencias de Sanidad están transferidas a los “Reinos de Taifas” de las Autonomías. Lo mismo pasa con historiales sanitarios, permisos y licencias varias, programas de estudios, tasas universitarias, impuestos de todo tipo…Por no hablar de las lenguas en la enseñanza. Imaginen a un niño de Vegadeo que tenga que ir al colegio a Ribadeo; resulta que tienen que estudiar algunas asignaturas en gallego, cambiar los libros, adaptarse a otro calendario escolar y será evaluado en función de variables diferentes. Claro que entre Vegadeo y Ribadeo hay grandes diferencias culturales, sociales y económicas que lo justifican que de lo contrario…

1 choven_plátanos

¡Calla calla!, con lo bien que se vivía cuando la neumonía atípica y el bichito que si se cae de la mesa se "esnafra", o el caso del metílico, o el de la talidomida. Pero ahora con los reinos de taifas autonómicos ya no tenemos enfermedades como aquellas que ventilaban a 20 y tantos miles y quedaban de exhibición viviente de lo que es un "bichito". Si no fuera tan patético todo esto me darías risa.