Miles de galegas piden máis feminismo “para avanzar”

Éxito da marcha en Santiago de Compostela, onde se reclamaron "menos discursos e máis recursos" para facer que as mulleres se convertan en "cidadás de primeira".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/03/2017 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

"Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita". Baixo este lema, miles de persoas saíron ás rúas de Santiago na mañá deste domingo para reclamar "menos discursos e máis recursos" en materia de Igualdade para facer que as mulleres se convertan en "cidadás de primeira".

Marcha feminista en Santiago de Compostela
Marcha feminista en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press.

A marcha, que partiu da estación de ferrocarril da capital galega pasadas as 12.00 horas, foi convocada de forma unitaria por numerosos colectivos feministas de toda Galicia.

Ao berro de "menos discursos e máis recursos" ou "nin unha máis, nin unha menos", reclamaron o fin da fenda socioeconómica entre mulleres e homes, así como o impulso de políticas efectivas para acabar coa violencia machista.

Na manifestación tamén participaron varios representantes da política galega, como a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, ou a secretaria xeral de Podemos Galicia e deputada na Cámara galega, Carmen Santos.

Tras percorrer as rúas do Ensanche compostelán, a marcha penetrouse no centro histórico da capital galega. A Praza da Quintana foi a última parada da manifestación, que se pechou coa lectura dun manifesto por parte de varias mulleres "vítimas da discriminación machista".

"NON ESTAMOS TODAS, FALTAN AS MORTAS"

Neste, sentenciaron que están "fartas de que as maten por ser mulleres" e repetiron a lema empregado ao longo da protesta: "Non estamos todas, faltan as mortas".

Neste sentido, as portavoces dos colectivos lembraron que "ao ano, máis dun cento de mulleres son asasinadas polo terrorismo machista no Estado español".

Así mesmo, desde a organización, desvinculáronse dalgúns actos vandálicos que, aparentemente, tiveron lugar ao longo da manifestación. "Non é responsabilidade das convocantes", aseguraron.

PARO FEMININO O 8 DE MARZO

Da mesma forma, fixeron un chamamento ao seguimento do paro laboral feminino para o próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta protesta, segundo informaron, será secundada en diversos puntos de países latinoamericanos.

Tamén aproveitaron este manifesto para "denunciar a violencia" dos micromachismos, a "cosificación" dos corpos, a precariedade laboral e todos os obstáculos que teñen as mulleres para construír os seus proxectos.

"Facemos un chamamento para que todas as mulleres sexan donas da súa vida", afirmaron. A isto engadiron que, aínda que "o heteropatriarcado as queira submisas e caladas", elas "levan séculos gritando e loitando" e seguirano facendo ata que o derruben.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

9 Españolistas dades noxo

La dictadura feminista y la imposición del gayego

8 Victor do Ribeiro

Puro teatro. Ao final os partidos galegos son controlados por machos, especialmente os de esquerdas. Podemos xa é o colmo.

7 Bufffff

Algún cerdo degenerado caído al más bajo escalón moral pontifica de superioridad moral, y yo me río en su cara. Es el colmo del cinismo. Das asco!!!

6 Balbino

Algúns comentarios dan medo e explican a realidade actual, orgulloso de discrepar con neardentais nó século XXI.

5 Bufffff

Qué medo!!! Cantas destas feministas ou hembristas non son das que odian aos homes porque son feas, non atopan marido e lles está pasando o sol por diante da casa; ou pq son lesbianas e ven aos homes como unha amenaza, etc. Noraboa q haxa igualdade entre homes e mulleres pero non mediante o odio africano aos homes e o desexo de q esteamos baixo a bota militar das feministas.

1 grande análise

podes ir ás tertulias de telecona tv