Temas: LUGO

Que facer para atopar o teatro e o anfiteatro romanos de Lugo

O arquitecto Sánchez-Montaña presentoulle xa ao concello de Lugo e a diversas entidades da cidade as súas propostas para tentar atopar dúas infraestruturas que cambiarían a historia de Lucus Augusti.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 06/03/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Existen teatro e anfiteatro romanos en Lugo? Esa é a gran pregunta que nos últimos meses se están facendo distintos investigadores logo da repercusión mediática que tivo a proposta realizada polo arquitecto Carlos Sánchez-Montaña, que suxire que estas infraestruturas se poderían atopar na actual Praza Maior e na zona do Carme, respectivamente, da capital lucense.

Lugar onde o arquitecto Sánchez-Montaña sitúa o anfiteatro de Lugo / http://amphitheatrum.blogspot.com.es
Lugar onde o arquitecto Sánchez-Montaña sitúa o anfiteatro de Lugo / http://amphitheatrum.blogspot.com.es

E como saber se se atopaban alí? Sánchez-Montaña acaba de propor varias iniciativas para estudar estas dúas infraestruturas romanas que, de atoparse, suporían unha revolución arqueolóxica para a cidade. De feito, este arquitecto xa describiu como sería o anfiteatro, o númerdo de espectadores que albergaría e as súas dimiensións. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta