Temas: BOMBEIRO

Denuncian que material público contra incendios remata en empresas privadas

Acusan a Matinsa, que se encarga da xestión do Consorcio Provincial de Bombeiros de Pontevedra, de quedar con traxes e outro material para as súas clases de formación.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/03/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O delegado sindical do Consorcio de Bombeiros de Pontevedra, Adrián Pena Rey, denuncia que Matinsa, a concesionaria privada dos parques de bombeiros do consorcio utiliza material público de loita contra os lumes para as súas clases de formación.

Bombeiros da Coruña cunha faixa reivindicativa
Bombeiros da Coruña cunha faixa reivindicativa | Fonte: Podemos A Coruña

Así, lembra que, en xuño de 2013, esta empresa, tras ser a gañadora da concesión do servizo,  renovou chaquetón, cubre-pantalón e cascos (obrigados por prego de condicións) e retirou os antigos, aínda que estaban en bo estado.

“Naquel tempo pareceunos un escándalo, que os traxes do Salnés retirados apareceran na empresa privada de formación(onde casualmente realizamos a formación, que a empresa Matinsa ten que pagar segun pego e convenio), onde a dia de hoxe seguen estando”, suliña Pena Rey.

Durante estes anos, e segundo apunta, o resto dos traxes (do Morrazo e Porriño) estaban almacenados no parque de Ribadumia, algo que tanto a xerencia como os traballadores descoñecían. “A sorpresa foi cando ese material sacouse para levalo á empresa de formación”, lembra.

Por iso, o comité de empresa informou ao actual xerente. A resposta de Matinsa foi que os levaron a lavar. “Pero na empresa de formación non hai lavadores e curiosamente o consorcio comprou 3 lavadoras novas para limpeza de traxes de intervención”, suliña o delegado sindical.

Compromisos

Con todo, a xerencia comprometeuse a comprar xa un segundo traxe. Sen embargo, Pena Rey entende que “o que non é ético é que os antigos traxes pagados con diñeiro público acaben nunha empresa privada”. Por iso, xa pediu ao consorcio que faga un minucioso inventario de todo o material sobre todo o que non está en uso “por medo a que desapareza”. 

O comité de empresa xa denunciou a Matinsa ante a inspección de traballo por numerosas irregularidades detectadas. A Inspección de Traballo anunciou que abrirá un expediente tras esa denuncia.

Temas: BOMBEIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta