Carmen Santos responsabiliza ao PPdeG da violencia machista e este ameaza con “actuacións ulteriores”

Luís Villares defende á dirixente de Podemos Galicia, o PSdeG ve "excesivo de xeito evidente" o seu comentario e os populares non descartan tomar medidas contra ela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2017 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

Un chío obre violencia machista publicado este domingo pola secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, acendeu as redes sociais con duras críticas de cargos do PPdeG e outros usuarios e, xa no plano máis institucional, orixinou a reacción dos populares a través dun comunicado de prensa oficial este luns no que pediron ao portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, que diga se apoia a Santos e instáronlle a esixirlle que pida desculpas.

Chío publicado por Carmen Santos (Podemos Galicia).
Chío publicado por Carmen Santos (Podemos Galicia).

O chío de Santos que desatou esta polémica di: "Hoxe todas na loita feminista. Revindicamos q nn nos asasinen señores do @ppdegalicia. Politizades con pasividade". As reaccións chegaron mesmo do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen achegou unha foto do chío e comentou: "@CarmenSantosQ.; como lle mola desfasarse... Iso si, mentres se mete con nos, deixa en paz a @VillaresLuis".

Xa no comunicado oficial enviado este luns, o PPdeG solicitou "unha desculpa inmediata" por parte de Villares pola "opinión vertida por unha das súas deputadas", ao entender que a afirmación de Carmen Santos, "metafórica ou non, transcende da crítica política". "É un insulto á traxectoria dun partido que sempre foi exemplar na loita contra a violencia de xénero e un intento por vincular as nosas siglas co asasinato de mulleres no noso país", argúen os populares.

"O LUGAR ONDE VAI UNHA COMA"

Preguntado por esta cuestión en rolda de prensa, Luís Villares lamentou que se xere "unha polémica interesada" por "o lugar onde vai unha coma", en referencia a que faltaría este signo ortográfico antes de pór "señores do @ppdegalicia" na mensaxe de Santos. Esta xustificación tamén foi dada, aínda que posteriormente á rolda de prensa, por Carmen Santos, quen nunha intervención este luns situou o debate nos "recortes" en materia de violencia machista e quen tamén dixo que no tuit de Rueda había erros ortográficos.

"Carmen Santos non pode falar en nome de toda Galicia, pero convén aclarar se fala en nome de toda a dirección de Podemos e de En Marea. Por tanto, solicitamos unha aclaración e unha desculpa expresa por parte da deputada en cuestión pero, sobre todo, do seu xefe de filas para así poder xulgar con máis informacións se este foi un dos múltiples excesos verbais da esquerda rupturista ou unha acusación de moito maior calado e que podería ter percorrido máis aló dos estamentos institucionais", ameazou o PPdeG no seu comunicado, abrindo a porta a unha posible querela.

Respecto deste posicionamento e preguntada en rolda de prensa, Carmen Santos acusou ao PPdeG de, "en lugar de falar da crave da cuestión e do sentido do tuit, tentar utilizar dunha maneira partidista e bastante irrespetuosa unha problemática realmente ofensiva para as mulleres na que eles (polos populares) non están a actuar de forma correcta e non están a facer a política que din que están a facer".

Así, a dirixente galega da formación morada incidiu en que desde o ano 2010 "diminuíron nun 26 por cento" as políticas de prevención e para paliar a violencia machista. "As mulleres estamos a ser asasinadas e que levamos catro vítimas no que vai de ano", lembrou.

Carmen Santos lamentou que o PPdeG faga "acusacións absolutamente falsas" sobre o seu chío, independentemente de que poidan compartir ou non o contido de fondo. Así, dixo que como "goberno son responsables de non dar as medidas oportunas para poder loitar de maneira real contra a violencia machista e contra os asasinatos" e aclarou que "iso é o que se quixo reivindicar con ese tuit" e que "as mulleres son vítimas da violencia de xénero en todos os ámbitos, non só asasinadas".

A secretaria xeral de Podemos Galicia tamén reprochou ao PPdeG e aos cargos populares de "falta de respecto" cara a ela nas contestacións, o que, segundo a súa interpretación, tamén "mostra cal é o seu compromiso e a súa defensa real sobre as mulleres e a liberdade de expresión e moitas outras cuestións". Ademais, censurou que Rueda, como responsable orgánico na Xunta da Secretaría Xeral de Igualdade, emitise ese tuit no que, na súa opinión, lle falta "ao respecto".

De feito, Santos entendeu que se non compartía o seu comentario en Twitter, Rueda tería que chamarlle "por teléfono, como "compañeiros" que son do arco parlamentario, máis aló das diferenzas de partido, e "estar á altura do seu cargo" en lugar de "montar unha bula mediática para desviar a atención sobre o importante: que están a asasinar mulleres e que non están a facer o suficiente para paliar esa secuela".

OUTRAS REACCIÓNS NO PARLAMENTO

Sobre o comentario en Twitter da líder de Podemos en Galicia pronunciáronse este luns, ademais do portavoz de En Marea, os do PPdeG e PSdeG. O primeiro en facelo, ao ser requirido polos xornalistas, foi o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga, quen xulgou o comentario "excesivo de xeito evidente".

"Sen dúbida pode facerse máis, e debemos facer máis", admitiu, pero rexeitou "adxudicar a responsabilidade a un goberno" da violencia de xénero, obviando "a responsabilidade individual" dos maltratadores.

Nunha comparecencia posterior, Luís Villares, que lamentou a "polémica interesada" por "o lugar onde vai unha coma", pediu "reconducir" o debate ao orzamento que destina a Xunta para combater a violencia machista.

"Hai unha vinculación directa (...) entre o aumento das mortes e a redución de recursos como consecuencia destes anos de recortes", significou, para esixir que se "revertan" ambas as tendencias. Neste sentido, respondeu que "as comas" non son importantes nas redes sociais, senón "nos orzamentos".

O PP NON DESCARTA TOMAR MEDIDAS

Pola súa banda, Pedro Puy (PP) esixiu unha "rectificación" de Carmen Santos, máxime se "o problema é de puntuación", porque suporía "avanzar bastante nas boas relacións" entre os grupos con representación parlamentaria.

Non en balde, como opinou Puy Fraga, é "fácil" aclarar a "omisión" dunha coma e, tras lamentar que aínda non se materializasen as "desculpas", advertiu de que non se descartan "actuacións ulteriores" do seu partido —que non quixo aclarar— no caso de que estas non cheguen.

E é que se trata dun comentario "altamente ofensivo" no que non pasou por alto o feito de que, incidiu, se cvinculen "as siglas do PP" a unha mensaxe pública sobre a violencia de xénero, independentemente da colocación das comas. "É indecente", reprobou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 FRPU

Os sipaios do BnG defendendo o Pp. Nada novo. Circulen.

1 balbino

Ostia de verdade que tamén aquí, que terá que ver o BNG nisto???? o teu é enfermizo meu.

5 Ana

Contra o Partido Podre é moi valente Carmen Santos, pola contra diante de Angela Rodríguez, alias Pam, foi tanto ela como as Mareas de Podemos moi covardes (lembrade que lle chamou "puta coja", e segue de honorable deputada de Podemos). Logo fume, a limpeza debe comezar pola propia casa!

4 anonimo

Esta é a única aproximación posible a certo eleitorado podemita masculino, contrario á ideoloxía de xénero, o que os aproxima á Igrexa coma a algunhas feministas as aproxima a postura sobre o contrato de xestación. Non recordo a esta muller sair a atacar a ninguén cando se denigraba ás que interrompían a xestación no segundo semestre soas nun cuarto de baño. Nin cando se deixou estéril a unha muller no peor hospital comarcal de Galicia pola "neglixencia" duns opusinos. De tódolos xeitos, penso que se lles vas deixar usar un tuiter a un voceiro, que menos que comprobar que ten o mínimo vocabulario esixible e coñece "as catro regras" de gramática e ortografía. Nen sequera fai falla o coñecemento que se lles esixe ós aspirantes a maderos.

3 Machismo = micropenes

Tratan de facernos esquecer as declaracions lamentables do seu pai o putativo de -vieiras (vello -vieiras) - O MACHISMO DE -VIEIRAS- https://www.youtube.com/watch?v=Hf3...

2 Eu mesmo

Outra que non sabe escribir. E van...