A DGT devolve os permisos á condutora que denunciou por acoso laboral a Autobuses de Calo, segundo a CIG

A CIG informou de que a Dirección General de Tráfico (DGT) devolveu todos os permisos de conducir a Nélida Pisco, unha condutora que denunciou por acoso laboral a Autobuses de Calo (Hedegasa) e que lle foron retirados por mor dun escrito da empresa, no que aducía que a traballadora supuña "un perigo para a condución e para o transporte de viaxeiros".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2017 | Actualizada ás 21:19 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A CIG informou de que a Dirección General de Tráfico (DGT) devolveu todos os permisos de conducir a Nélida Pisco, unha condutora que denunciou por acoso laboral a Autobuses de Calo (Hedegasa) e que lle foron retirados por mor dun escrito da empresa, no que aducía que a traballadora supuña "un perigo para a condución e para o transporte de viaxeiros".

Segundo a CIG, para demostralo, a empresa acompañaba a súa solicitude dun informe "dun médico da Universidade Complutense que nunca viu a Nélida diante" e doutro informe "coa data manipulada, no que figura o ano 2000, cando realmente é do ano 2010, o momento máis duro de acoso laboral que padeceu a traballadora na empresa".

Finalmente, a CIG informa de que a resolución obriga a levantar a suspensión do seu contrato; devolver os salarios que, desde finais de decembro, "deixou de percibir" e "garantirlle unhas condicións iguais ás do resto de condutores".

Ademais, segundo o sindicato, insta á Xunta a, ou ben retirar a Hedegasa a concesión, ou obrigar á empresa a garantir o regreso ao seu posto de traballo en condicións normais.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta