Imputado por un vídeo en contra das detencións a independentistas cataláns

A Audiencia Nacional acusa ao promotor da Plataforma polos Dereitos Civís dun suposto delito contra as Institucións do Estado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/03/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O activista compostelán polos dereitos civís Renato Núñez recibiu este luns 6 de marzo unha notificación de imputación da Audiencia Nacional por un suposto delito contra as Institucións do Estado tras a difusión  dun vídeo que subiu ás redes sociais.

Renato Núñez nunha imaxe do vídeo que difundiu polas redes sociais e polo que foi imputado pola Audiencia Nacional
Renato Núñez nunha imaxe do vídeo que difundiu polas redes sociais e polo que foi imputado pola Audiencia Nacional

O promotor da Plataforma polos Dereiros Civís afirma que non impulsa ningunha reacción a esta imputación ao entender que "hai un erro por parte da Fiscalía, pois o vídeo subido ás redes sociais Facebook e Twitter non fai ningún ataque contra ningunha institución, senón que defende que o acto gravado non se debe considerar delito". Así, está chamado a declarar o vindeiro 8 de marzo.

Este vídeo foi realizado no contexto das detencións de independentistas cataláns que queimaran retratos do monarca español durante a Diada, aos que se sumaron deputados e deputadas en solidariedade co fin de protexer o exercicio dos dereitos fundamentais e, entre eles, o da liberdade de expresión.

Deste xeito, Renato Núñez considera un erro esta notificación de imputación pois, precisamente, insiste, o que expresou coa gravación e difusión do vídeo “é que ese feito non debe ser considerado delito, polo que non pode ser estimado como un ataque contra a Corona nin contra as Institucións”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 O´Xota

Eu, que non son compañeiro de filas deste home, téñolle un grande respecto, así que moita sorte, CAMARADA e vémonos na trincheira.

1 Un amigho

Na linha de xamar a atensión. Como sempre. Xá vai ter outra ves o seu minuto de ghloria. Hái quén vive para ser o ator prinsipal en todo. Quen a segue, a consegue.