Feministas filoterroristas congréganse en Compostela para atentar contra o macho dominante

Hordas de mulleres armadas con cánticos antiepiscopais e bombos causaron o terror na capital do país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/03/2017 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Compostela, 12h, cánticos satánicos comezan a perturbar o descanso de milleiros de composteláns e turistas da capital. A manifestación convocada polas manifestacións feministas, previa o vindeiro 8 de Marzo, converteuse o pasado domingo no azote brutal do noso ben instaurado sistema patriarcal.

Manifestación feminista en Santiago de Compostela
Manifestación feminista en Santiago de Compostela | Fonte: temposgalegos

Centos de mulleres, e algún home despistado, armadas con bombos, cubos e sen fregonas atosigaron ata a extenuación aos machos castizos que atoparon o seu paso.

Tras cánticos como “Se che pega, mátao”, as chamadas feministas, consideradas de ideoloxía filoterrorista proetarra anticlerical polas forzas e corpos de seguridade do Estado opresor, atemorizaron a todo macho dominante que neses momentos sentaba as súas patriarcais posadeiras fronte o televisor.  Tal foi o efecto persuasivo das consignas lanzadas dende a masa manifestante que varias ducias de mulleres arroxaron as fregonas as súas parellas e uníronse á marcha que finalmente na Quintana de Mortos.

Chamativo foi o caso de Manuel, ó que a súa muller lanzou un cueiro cheo de merda, dado que no momento do paso da manifestación baixo a súa fiestra esta se atopaba cambiando o seu bebe de catro meses. Manuel foi ingresado de urxencia no CHUS e permanecerá en observación mentres acaban de limparlle as feces da súa faciana.

A policia nacional desbordada ante os centos de chamadas que, atemorizados, non podían saír das súas casas, decidiu custodiar a manifestación cun despregue digno dun piquete do metal en Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta