Realmente é Rusia quen está ciberatacando a Estados Unidos?

Unha experta en ciberseguridade de Telefónica mostrará mañá na Coruña os indicios de que algunhas das actividades atribuídas aos rusos poderían ser ataques de falsa bandeira. Yaiza Rubio é unha das relatores do “María Pita Defcon”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 08/03/2017 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A analista de intelixencia de ElevenPaths, unidade de ciberseguridadee de Telefónica, Yaiza Rubio, participará mañá xoves no I Congreso María Pita DefCon, que reunirá ata o vindeiro venres na facultade de Informática da Universidade da Coruña aos maiores expertos nacionais sobre seguridade informática. O evento, no que se prevé a asistencia de máis de 500 participantes, abordará tamén a visibilización e integración da muller no ámbito das TIC.

Yaiza Rubio nunha imaxe do seu Twitter
Yaiza Rubio nunha imaxe do seu Twitter

Rubio compartirá, ás 13:00 h., mesa redonda coa investigadora e docente da Universidade de Alcalá de Madrid (UAH), Miriam Martínez, a responsable de Seguridade (CISCO) de R, Susana Rey, e a programadora e perito informático de Forensic & Security, Pilar Vila, para debater sobre o papel da muller no mundo da ciberseguridade.

Pola tarde, ás 16:30 h., a experta en ciberseguridade de Telefónica ofrecerá unha conferencia sobre os Ataques de falsa bandeira, centrada na investigación que levou a cabo sobre o ataque organizado por un grupo de piratas informáticos contra a Axencia Mundial Antidopaxe (AMA) en 2016, e que supuxo a revelación de datos confidenciais de deportistas estadounidenses.

Durante a súa exposición, Rubio demostrará que, a pesar de que a autoría do roubo de información atribuíuse desde un primeiro momento ao grupo de hackers ruso Fancy Bears, atopáronse evidencias que desvelan que a información podería ser exposta de maneira intencionada para simular que o ataque procedía de Rusia, sendo este país obxecto dun ataque de falsa bandeira. 

Con este termo derivado do concepto militar izar cores falsas, é dicir, a bandeira dun país diferente ao propio, denomínase ás operacións encubertas desenvolvidas por gobernos ou organizacións para culpar a países inimigos de determinadas accións por intereses políticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 forocochero

Melafo co gorro de @chemalonso posto

1 A disputa

No primeiro parágrafo onde diz que o evento reunirá os "maiores expertos nacionais sobre seguridade informática", qual nação é essa?