Dende as Irmandades da Fala ás escolas semente

Narón acolle esta fin de semana un festival que rende homenaxe as primeiras escolas en lingua galega e serve para recaudar fondos para a Semente de Trasancos

Por GC Tendencias | Narón | 09/03/2017 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

O vindeiro domingo 12 de marzo a partir das 17:30 no auditorio de Narón dará comezo o terceiro Festival da Semente Trasancos onde artistas da comarca conmemorarán o centenario da Irmandade da Fala de Ferrol e onde se proxectará unha curta sobre a lingua e sortearase unha pandeireta.

Roger de Flor
Roger de Flor | Fonte: lafonoteca

O Fenés Roger de Flor (cantautor de diversidade de estilos e con gran influencia swing), o grupo infantil Quinindiole (que xa deu o salto á televisión desde o programa Luar) e a narradora de Mugardos Vero Rilo conducirán un festival que misturará, unha vez máis, música con outras actividades: ademais das diferentes actuacións na que todas as persoas participan de maneira altruísta estrearase unha curta creada pola propia Semente Trasancos arredor do seu espazo e da comarca e sortearase unha pandeireta artesá feita en Neda.

A idea é promover a comarca a través de artistas con orixe en Ferrolterra, recuperar a memoria histórica lembrando que hai cen anos que se creara a Irmandade da Fala en Ferrol e que os beneficios recadados sirvan para financiar o proxecto do espazo de ensino galego da comarca que leva a funcionar en Narón xa hai dous anos e que ten como usuarios crianzas de toda a comarca.

Nais, pais e nenos da escola Semente de Trasancos
Nais, pais e nenos da escola Semente de Trasancos
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta