O Arde Lucus, declarado Festa de Interese Turístico Nacional

A alcaldesa ve "un punto importante de proxección" e cre que "así se abre unha xanela de Lugo a España e ao mundo"

Por E.P. | Lugo | 09/03/2017 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O Arde Lucus, que se celebra na cidade de Lugo, foi declarado como Festa de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que se suma á distinción de Interese Turístico Galego. Así o avanzaron este xoves a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a edil de Cultura, Carmen Basadre.

Arde Lucus
Arde Lucus

A rexedora recalcou que a distinción chega "pola implicación total e absoluta da cidadanía coa festa", á vez que sinalou que "é un fito conseguir este recoñecemento en tan pouco tempo", xa que o Arde Lucus ten 16 anos de vida.

"Isto significa un punto importante de proxección para a cidade", segundo sostivo a rexedora. "Xa sabemos o que supuxo esta declaración no seu día co San Froilán", abundou.

Lara Méndez considerou que "así se abre unha xanela de Lugo a España e ao mundo". "Do mesmo xeito que cando falamos do patrimonio histórico da nosa cidade, que tamén compartimos con toda a humanidade", explicou.

"TREMENDA ALEGRÍA"

Pola súa banda, a edil de Cultura subliñou que "foi unha tremenda alegría". "Só teño palabras de agradecemento a todas as persoas que nos acompañan na festa, ás asociacións que participan, aos grupos de teatro, aos voluntarios e aos medios de comunicación que transmiten por todo o mundo esta festa", apuntou Basadre.

Desfile de romanos no Arde Lucus do 2016
Desfile de romanos no Arde Lucus do 2016 | Fonte: JCS

A rexedora e a edil de Cultura lembraron que na última edición do Arde Lucus houbo 600.000 visitantes entre o tres días da festa e obtívose un retorno económico directo para a cidade duns 12 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Efixio

Estarán contentes! Non quero pensar na meirande parte dos que celebran esta festa, que por certo, haina igual en moitos sitios, con máis ou menos xente, pero igual. Pasando deso e dando por boa a festa, non quero nin pensar nos calamidades que a festexan. Ás veces ún pensa que si votáramos unha bomba nuclear no centro de Lugo e quedaran vivos uns 1.000 habitantes tampouco se perdería moito. Tanto ten que voten á marea, como ao BNG, como ao PSOE, como ao PP. Son provincianos e atrasados até dicer basta!

1 renegatorum

Non te pases, home !!! É unha festa de disfraces un pelín pailana, pero de ahí a botar unha bomba ....... Penso que chega cun pouco de orballo que oxide algo os capacetes e lles confira algo de pátina. Vivo en Lugo, e eses días escapo á costa.

2 Efixio

ja, ja,ja. Levas razón. Pero non hai quen os ature. Agora os malos malísimos son os de PODEMOS para a xente desta cidade e doutras. O que digo, levamos 60 anos dando a cara e non se enteraron de nada. Pero cando digo, de nada, é literal. Non se enteraron de nada. Son a cousa máis atrasada mental que nunca vira. Non hai por onde colhelos. Ponherlhes unha pedra e tiralos ao río non sei se sería a solución. Son unha panda de anormais integrais.

3 Efixio

Pero, de onde saíron? Suponho que das catacumbas. Xa o digo, senhan do partido que senhan. Non me extranha que a xente non vote BNG. No fondo saben que ser galego é ser un pouco anormal. O digo moi en serio. No subconsciente intúenno. No fondo non queren ser como os seus amigos e parentes. Non me extranha que non voten opcións nacionalistas nin galeguistas. haberá auto-xenreira pero é que tamén parecerse aos teus parentes, si és algo normal, ninguén quere. É lóxico.