A Xunta impulsa unha lei para evitar a competencia industrial de Portugal

Feijóo di que a lei de fomento de implantación industrial estará en xuño para "facilitar" os investimentos en Galicia porque recoñece a Portugal como "competidor" e ve preciso elevar a flexibilidade e a competitividade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2017 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Portugal é o gran competidor de Galicia a nivel industrial. Así o ve a Xunta que prepara xa unha nova lei para facer fronte a esta situación. Por iso, o presidente da Xunta avanzou un incremento do investimento na industria para seguir avanzando e tamén anuniou unha nova lei de fomento de implantación industrial na comunidade.

Reunión do Consello da XuntaReunión do Consello da Xunta
Reunión do Consello da XuntaReunión do Consello da Xunta | Fonte: Europa Press

"Estamos a elaborala e creo que neste primeiro semestre, en xuño, poderemos tela", defendeu, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que explicou que o seu obxectivo será "facilitar os investimentos", sobre todo as de carácter singular e aquelas que se efectúen en sectores estratéxicos. 

E é que a Xunta quere evitar que as empresas galegas marchen a Portugal por ter alí mellores salarios e mellores prezos de solos industriais. Por iso, entre as medidas que estuda o Goberno galego están a de diminuír os prazos de emisión de informes e a posibilidade de reestruturar as distintas normativas que inciden na instalación de industrias na comunidade.

Preguntado acerca de se a competencia de Portugal incide no deseño desta normativa, replicou que o país luso "conta, evidentemente". Non en balde, esgrimiu que a intervención da 'troika' modificou o modelo sindical, de relacións labores e salarios en Portugal.

"Portugal é un competidor. Isto non hai que usalo como un problema, senón como unha oportunidade. E debemos competir cun país cos salarios máis baixos con máis flexibilidade e incrementando a competitividade e a produtividade", aseverou.

175 MILLÓNS DE INVESTIMENTO

Á marxe da esta norma, Feijóo avanzou outras medidas no bienio 2017-2018 como un programa de mercadotecnia industrial e outro de provedores industriais; a creación do Observatorio Industria 4.0; ou unha estratexia para "mellorar e coordinar" o sistema loxístico.

Estes plans serán debatidos e enriquecidos con achegas do sector durante as próximas semanas. En concreto, realizaranse talleres co Foro Económico de Galicia, empresas tractoras, clusters e o Consello Galego de Economía e Competitividade.

En total, a Xunta prevé investir máis de 175 millóns de euros entre 2017 e 2018 a través da 'Axenda Galicia-Industria 4.0', un 22 por cento máis do que se investiu durante os dous primeiros anos.

BALANCE 2015-2016

E é que Feijóo lembrou que esta Axenda naceu en 2015 co obxectivo de chegar a 50.000 postos de traballo en 2020 e co reto de incrementar o peso da industria no PIB galego.

Neste sentido, concretou que, nos dous primeiros anos, Galicia creou 11.500 novos empregos industriais, e a Xunta investiu 143 millóns de euros no último bienio. Con estes fondos, impulsouse a modernización de 4.200 empresas.

Tras detallar que, en total, entre fondos públicos e privados, Galicia mobilizou 342 millóns de euros, o titular do Goberno galego fixo fincapé en que o incremento do índice de produción industrial en Galicia en 2016 foi "o segundo" maior en España, polo que a Xunta "vai no camiño adecuado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta