Temas: CAN XUNTA

A Xunta inicia un programa para erradicar os envelenamentos de animais

Pon en marcha un plan de loita contra o uso dos cebos envelenados. A medida xa estaba prohibida para o oso e o lobo e agora esténdese para todo tipo de animais, silvestres e domésticos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/03/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Xunta quere poñer coto aos numerosos envelenamentos que se producen no medio natural e que levan matado a multitude de animais, tanto silvestres como domésticos. Por iso, porá en marcha un programa para erradicar o uso de cebos envelenados no medio natural.

Can envelenado, presuntamente con estricnina
Can envelenado, presuntamente con estricnina | Fonte: infozona.com

Esta nova iniciativa ten coma finalidade diminuír o avultado número de especies da fauna silvetre, pero tamén de animais domésticos, que levan morto por envelenamento. E é que segundo os datos do Goberno galego xa se deron 475 casos nos últimos anos.

Actualmente, o uso dos cebos envelenados están prohibidos no caso dos lobos e dos osos pardo. O principal veleno utilizado en Galicia é a estricnina, un potente alcaloide moi tóxico que se utiliza como pesticida en moitas partes do país. Por iso, a Xunta quere prohíbir a súa comercialización e o su tráfico fraudulento para evitar a morte de animais.

A Xunta busca con este novo plan unha maior coordinación entre as distintas administracións, concellos, Xunta, Seprona, policías locais e a Fiscalía de Medio Ambiente. Ademais, incrementará o número de mostras de velenos e a investigación dos puntos de almacenamento destes produtos. Finalmente, o programa recolle tamén incrementar os plans de sensibilidade para concienciar a xente da importancia de non envelenar animais ou de denunciar a quen o fai.

Temas: CAN XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta